Saltar ao contido

Peregrina Quintela Estévez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPeregrina Quintela Estévez
Biografía
Nacemento1960 Editar o valor en Wikidata (63/64 anos)
Vigo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela
Universidade de París Editar o valor en Wikidata
Director de tesePhilippe G. Ciarlet (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmatemática, profesora universitaria Editar o valor en Wikidata
EmpregadorUniversidade de Santiago de Compostela (2000–) Editar o valor en Wikidata
Obra
DoutorandoLino José Álvarez-Vázquez e María Teresa Cao Rial (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1224083 BUSC: quintela-estevez-peregrina-1960 Dialnet: 1782738

Peregrina Quintela Estévez, nada en Vigo en 1960, é unha catedrática e investigadora de matemática aplicada galega, gañadora do Premio María Josefa Wonenburger Planells en 2016, concedido pola Xunta de Galicia.[1] É directora do Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (ITMATI).[2]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Quintela licenciouse en 1982 en Matemáticas pola Universidade de Santiago de Compostela (USC), onde é catedrática[3], e posúe dous doutoramentos, un pola Universidade Autónoma de Madrid (UAM, 1986) e outro pola Pierre et Marie Curie (París VI, Sorbonne Université, 1988).[4] A súa tese de doutoramento, titulada Elasticidad no lineal: Modelo de Von Karma, foi dirixida por Philippe G. Ciarlet, matemático francés coñecido polo seu traballo na análise matemática do método de elementos finitos aplicado á elasticidade, e publicada en 1986.[5] Está especializada en modelaxe matemática, análise matemática e simulación numérica en modelos de física, enxeñaría e ciencias aplicadas. Durante a súa carreira combinou a dedicación ao ensino, investigación e a transferencia de coñecementos e a xestión de empresa.[4]

En 1997, publicou o seu primeiro libro de Introducción al lenguaje de programación MATLAB y sus aplicaciones: una guía sencilla para aprender ese lenguaje de forma natural, progresiva y práctica. En 2000 publicou outros dous libros Ecuaciones diferenciales e Matemáticas e ingeniería con MATLAB. Posteriormente, en 2001, publicou Métodos numéricos en ingeniería.

Desde a súa fundación, o 30 de setembro de 2011, Quintela é Presidenta da Rede Española Matemática Industria (math-in) que é unha asociación privada sen ánimo de lucro formada por ao redor de 40 grupos de investigación dunha vintena de universidades e centros de investigación españois.[6]

Coordinou entre 2007 e 2012 a creación do nodo CESGA do Proyecto Consolider Ingenio MATHEMATICA (i-MATH). Este proxecto integrou a máis de 340 grupos de investigación de toda España e máis de 1.700 investigadores e investigadoras no campo das matemáticas, xestionado pola Universidade de Cantabria. Especificamente, o Nodo CESGA xurdiu coa misión de tomar iniciativas encamiñadas á transferencia de coñecemento matemático ao sector produtivo promovendo o uso de métodos e técnicas matemáticas na industria.[7]

Posteriormente, desde a súa creación en 2013, é directora do Instituto Tecnolóxico de Matemática Industrial (Itmati) que ten como principal función a transferencia de tecnoloxía matemática para axudar á mellora da competitividade e apoiar a innovación no sector produtivo.[8]

En 2013 tamén participou activamente na fundación do European Service Network of Mathematics for Industry and Innovation (EU-MATHS-IN), sendo primeiro membro do seu Consello e desde 2015 parte do Executive Board.[4] Asiste a conferencias internacionais de forma moi activa e publica artigos en revistas especializadas.

Publicacións

[editar | editar a fonte]

Conta con máis de 50 artigos publicados en revistas de primeira orde e preto dunha trintena doutras publicacións, entre as que se contan varios artigos de divulgación.[9][10][11]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Foi galardoada en 2016 co Premio María Josefa Wonenburger Planells, que a Xunta de Galicia outorga anualmente desde o ano 2007, a través da Unidade de Muller e Ciencia.[12] En 2023 a revista Gciencia considerouna unha das 20 mulleres de ciencia en Galicia que había que coñecer.[13]

Publicacións destacadas

[editar | editar a fonte]
  • Métodos numéricos en ingeniería.[14]
  • Matemáticas en ingeniería con MATLAB.[15]
  • Ecuaciones diferenciales.[16]
  • Introdución a MATLAB y sus aplicaciones: una guía sencilla para aprender MATLAB de forma natural, progresiva y práctica.[5][17]
  1. "La viguesa Peregrina Quintela reclama frenar la "desaceleración científica" al recibir el Premio Wonenburg". Faro de Vigo (en castelán). Consultado o 2019-09-09. 
  2. Quintela, Peregrina (12 de xullo de 2019). «As matemáticas teñen aplicación en practicamente todos os campos da vida» – Peregrina Quintela, directora do ITMATI. Código Cero. (Entrevista). Consultado o 1 de agosto de 2019. 
  3. "Peregrina Quintela Estévez « Ingeniería Matemática". www.usc.es. Consultado o 2019-09-09. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Quintela, Peregrina". Fundación Gadea Ciencia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 28 de xaneiro de 2021. Consultado o 2019-09-09. 
  5. 5,0 5,1 "Peregrina Quintela Estevez". Documat (en castelán). Consultado o 2019-09-09. 
  6. "Presentación math-in". www.math-in.net. Consultado o 2019-09-09. 
  7. "mathematica.nodo.cesga.es - Nodo CESGA". mathematica.nodo.cesga.es. Consultado o 2019-09-09. 
  8. "Nosotros Itmati". www.itmati.com. Consultado o 2019-09-09. 
  9. "Books - Publicacións". webspersoais.usc.es. Arquivado dende o orixinal o 20 de setembro de 2019. Consultado o 2019-09-11. 
  10. "Other publications - Publicacións". webspersoais.usc.es. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2019. Consultado o 2019-09-11. 
  11. "Articles - Publicacións". webspersoais.usc.es. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2019. Consultado o 2019-09-11. 
  12. "La Xunta otorga el premio 'María Josefa Wonenburger' a la catedrática de matemática aplicada Peregrina Quintela". igualdade.xunta.gal (en castelán). Consultado o 2019-09-09. 
  13. García, Victoria (2019-03-07). "Vinte mulleres de ciencia en Galicia que tes que coñecer". GCiencia. Consultado o 2023-02-11. 
  14. Quintela Estévez, Peregrina. Métodos numéricos en ingeniería. Tórculo. ISBN 8484081710. OCLC 434263930. 
  15. Quintela Estévez, Peregrina. Matemáticas en ingeniería con MATLAB. Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 8481218553. OCLC 46470781. 
  16. Quintela Estévez, Peregrina. Ecuaciones diferenciales. Tórculo. ISBN 848408146X. OCLC 751694042. 
  17. Quintela Estévez, Peregrina. Introducción a MATLAB y sus applicaciones : una guía sencilla para aprender MATLAB de forma natural, progresiva y práctica. Universidade de Santiago de Compostela. ISBN 8481216569. OCLC 39904637. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]