Saltar ao contido

Peneo (mitoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peneo
 Instancia de
 Patrón de
Pineios (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Biografía
 Sexo
Familia
 Nai
 Pai
 Cónxuxe
Creúsa (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Parella
Philyra (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
 Fillo/a
Hipseu (pt) Traducir
Menippe (en) Traducir
Iphis (en) Traducir
Orseis (en) Traducir
Stilbe (en) Traducir
Astabe (en) Traducir
Dafne
Andreus (en) Traducir
Cirene
Atrax (en) Traducir
Tricca (en) Traducir
Chrysogeneia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificadores
Freebase/m/0kkdv Editar o valor en Wikidata
Wikidata C:Commons
Dafne pide axuda ó deus do río, Peneo, para escapar de Apolo, e Peneo transfórmaa nun loureiro.

Na mitoloxía grega, Peneo era un deus fluvial de Tesalia, un dos tres mil ríos de Grecia. Era fillo de Océano e Tetis.

Casou coa ninfa Creúsa (ou Filira), coa que tivo catro fillos, entre os que se cita a Hipseo, rei dos lapitas, e tres fillas, Cirene (nai de Aristeo), Dafne e Estilbe, aínda que algunhas fontes consideran a Cirene unha das súas esposas. Estilbe tivo do deus sol, Apolo, dous fillos xemelgos, Centauro e Lapites, epónimo do pobo do mesmo nome e antecesor de Auxías e Pirítoo, entre outros personaxes mitolóxicos coñecidos; algúns tamén a fan nai de Eneo.

A máis famosa das súas fillas foi Dafne que, perseguida por Apolo, implorou a axuda do seu pai para escapar do acoso do deus, e Peneo converteuna en loureiro [1]. Apolo tivo que consolarse con cortar unhas pólas e coroarse con elas, e esa coroa de loureiro converteuse en símbolo de vitoria na cabeza de heroes, xenerais e emperadores romanos.

"Esgotadas as súas forzas, palideceu ela e vencida polo esforzo da rápida fuxida, dixo mirando ás augas do Peneo: 'Axúdame, pai, se os ríos sodes divindades, bota a perder, cambiándoa, esta figura coa que gusto demasiado'. Apenas acabou a súa pregaria, un pesado sopor invade os seus membros, unha delgada casca cingue o seu tenro peito, os cabelos medran como follas, os brazos como ramas, os seus pes, ha pouco tan veloces, adhírense en raíces preguiceiras, en lugar do rostro está a copa. Só a beleza queda nela".
(Ovidio: Metamorfosis I, 543-552)

Galería de arte

[editar | editar a fonte]
  1. Hixino dá outra versión: cando Apolo estaba perseguindo a Dafne, ela pediu axuda á Terra, que a acolleu dentro dela e transformouna na árbore do loureiro (Fábulas, 203). Graves recolle esta versión e engade que a Nai Terra levouna ata Creta, e deixou un loureiro no seu lugar (Graves, px. 90).
  2. O cadro completa o mito coa prersenza de Eros, o deus do amor, disparando unha frecha a Apolo para namoralo de Dafne, sabendo que esta o rexeitaría, como vinganza ante a burla de Apolo sobre a súa destreza co arco.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]