Cirene (mitoloxía)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Edward Calvert (1799 – 1883): Cirene e o gado (1830 - 1850).

Na mitoloxía grega, Cirene era a filla de Hipseo, rei dos lapitas, quen a tivo coa ninfa Clidánope.

Cirene renunciou ós labores propios das mulleres e dedicouse a vixiar os rabaños do seu pai. Nunha ocasión na que tivo que enfrontarse cun león para defender o seu gando chamou tanto a atención do deus Apolo que este namorouse dela e raptouna levándoa até o norte de África, onde fundou a cidade de Cirene na súa honra, situada onde hoxe se encontra Shahhat (Libia). Tiveron un fillo que chamaron Aristeo.