Pena Grande de Férvedes
![]() | Suxeriuse que este artigo ou apartado sexa fusionado con "Férvedes II" (conversa). Para realizar a fusión das páxinas segue estes pasos. |
A Pena Grande de Férvedes é un penedo situado nos contrafortes da serra da Carba,[1] na parroquia de Lousada (Xermade), no que hai unha cavidade natural entre rochas que serviron de morada e refuxio aos primeiros habitantes do lugar.[2].
Arqueoloxía[editar | editar a fonte]
Nesta pena hai un conxunto arqueolóxico do paleolítico superior, ao aire libre, que foi descuberto no ano 1971 polo médico e arqueólogo vilalbés José Ramil Soneira. Neste sitio recuperáronse útiles de sílex, cuarzo e cristal de rocha.[3] No sitio da Pena Grande denominado Férvedes II localizouse un colgante pétreo de forma ovoidal cun orificio de forma circular e en ambas as dúas caras un profundo suco horizontal datado en hai uns 17 000 anos, denominado colgante de pedra decorado de Férvedes, que foi a manifestación artística máis antiga coñecida até hoxe en Galicia.[1][2][4] Tamén se atopou unha azagaia de óso decorada cunha inscrición horizontal. Pouco despois, en 1983, Ramil Soneira e Vázquez Varela deron a coñecer a primeira noticia de arte móbel en Galicia, unha peza de pedra de forma oval perforada e decorada con sucos que interpretan como un colgante.[1]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Xermade. Pena Grande de Férvedes. Na web O Noso Patrimonio.
- ↑ 2,0 2,1 Algo de historia: paleolítico, castros e romanización. Na web do Concello de Xermade.
- ↑ O cristal de rocha é como se denomina ao cristal de cuarzo transparente.
- ↑ "Valdavara únese á Valiña, Pena Grande, Férvedes ou Pena Xiboi para documentar ese último período", artigo en La Voz de Galicia, 27 de xullo de 2008.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- Rasilla Vives, M. de la (1994): "El Solutrense en la Península Ibérica". En Férvedes, monográfico nº 1, pp. 9–19. Recensión de Henri Delporte (1995): "Férvedes. Le Solutréen de la Péninsule Ibérique", en Bulletin de la Société préhistorique française, 92 (3): 278.
- Menéndez Fernández, Mario, edit. (2012): Prehistoria Antigua de la Península Ibérica. Madrid: UNED. ISBN 978-84-632-6514-9.
- Vázquez Varela, José Manuel, Ramón Yzquierdo Perrín, José Manuel García Iglesias e Xosé Antón Castro Fernández (1996): 100 obras mestras da Arte Galega. Vigo: Nigra Arte. ISBN 84-87709-50-8.
Outros artigos[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Xacementos paleolíticos de Galiza/Galicia na web O Noso Patrimonio.
- Coquetería paleolítica. O arqueólogo Ramón Fábregas explícanos os tres adobíos paleolíticos atopados en Galicia na web Culturagalega (en galego).