Pedro Miguel Etxenike

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pedro Miguel Etxenike
Pm etxenike.jpg
Nome completoPedro Miguel Etxenike Landiribar
Nacemento8 de xuño de 1950
 Isaba
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Navarra, Universidade Autónoma de Barcelona e Universidade de Cambridge
Ocupaciónpolítico, físico, catedrático de universidade e divulgador científico
PremiosPremio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica, sen etiquetar, Medalla de Ouro de Navarra, Blas Cabrera National Research Award, Universal Basque Prize, Gipuzkoako Urrezko Domina, honorary doctorate of the University of Navarre, Gran Cruz da Orde Civil de Afonso X o Sabio, Fellow of the American Physical Society, honorary doctor of the University of Madrid Complutense, honorary doctorate of the University of Valladolid, Selección Española da Ciencia e Fellow of the AAAS
editar datos en Wikidata ]
Pedro Miguel Etxenike.

Pedro Miguel Etxenique Landiríbar, tamén coñecido como Pedro Etxenike, nado en Izaba, Navarra o 8 de xuño de 1950, é un científico vasco especializado en Física do estado sólido.

En 1998 concedéronlle o Premio Max Planck de Física e ese mesmo ano obtivo o Premio Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica polos seus descubrimentos na predición teórica de estados electrónicos imaxe na superficie de sólidos. Tamén realizou importantes achegas no campo das interaccións ión-materia e das perdas de enerxía de electróns en microscopía electrónica e de efecto túnel.

Foi o primeiro conselleiro do Departamento de Educación do Goberno Vasco entre os anos 1980 e 1983, e conselleiro do Departamento de Educación e Cultura, e voceiro do Goberno Vasco entre 1983 e 1984. Actualmente é Catedrático de Física da Materia Condensada na Universidade do País Vasco (UPV/EHU) e Presidente do Donostia International Physics Center (DIPC).

Elixido Vasco Universal en 1998, é membro estranxeiro da Real Academia de Ciencias, Letras e Belas Artes de Bélxica, e tamén Fellow da Sociedade Americana de Física e da Sociedade Americana para o Avance da Ciencia. Ademais, é Presidente de Honra de Jakiunde, a Academia das Ciencias, das Artes e das Letras do País Vasco e desde 2012, preside o xurado dos premios Príncipe de Asturias de Investigación Científica e Técnica.

Formación[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Ciencias Físicas pola Universidade de Navarra en 1972 con premio extraordinario de licenciatura e premio fin de carreira en 1973. En 1976 obtén o grao de doutor, Philosophical Doutor (PhD) en Física pola Universidade de Cambridge e en 1977 doutórase en Física pola Universidade Autónoma de Barcelona, onde obtén o premio extraordinario de Doutoramento en 1978. En 1988, concédenlle o título de honra Doctor of Science pola Universidade de Cambridge. Ademais é Doutor Honoris Causa polas universidades de Valladolid, Navarra e Complutense de Madrid.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]