Saltar ao contido

Pedro López Rodríguez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPedro López Rodríguez
Biografía
Nacemento21 de xaneiro de 1997 Editar o valor en Wikidata (27 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoDefensa Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  CD Lugo


Pedro López Rodríguez, nado en Lugo o 21 de xaneiro de 1997, é un futbolista profesional galego, da canteira do Club Deportivo Lugo, que actualmente xoga de defensa central no Unionistas de Salamanca cedido polo club lucense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Nado en Lugo, Pedro López comazou xogando ao fútbol sala nas categorías inferiores do Prone Lugo e ao fútbol no Club Deportivo Lugo até a categoría alevín.[1] Por mor de incompatibilidades, finalmente tense que decantar por seguir nun dos dous equipos, escollendo ao de fútbol baixo o consello do adestrador Antonio Gómez. Pouco a pouco, e sendo un dos líderes do vestiario na canteira lucense, consegue debutar no ano 2016 co Club Deportivo Lugo B de Preferente Autonómica. O seu primeiro partido co filial albivermello sería ante o Xallas, onde o seu equipo consegue vencer por 2−0 no Campo do Ceao.[2] Tras xogar 33 encontros co filial, na temporada 2017−18 fai a pretemporada co primeiro equipo, debutando en Segunda División o 21 de agosto de 2017 na primeira xornada de liga contra o Reus Deportiu no Anxo Carro, partido que finalizou con empate sen goles.

  1. "Pedro López, o neno maduro que nunca se puña nervioso". El Progreso. 23-08-2017. 
  2. "El Polvorín presenta su candidatura al ascenso ante el Xallas". Diario Deportivo. Arquivado dende o orixinal o 22 de agosto de 2017. Consultado o 29 de agosto de 2017. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]