Gonzalo de Amarante
| Beato Gonzalo de Amarante | |
|---|---|
Imaxe do Hospital de San Gonzalo (Amarante) | |
| Confesor | |
| Biografía | |
| Nacemento | 1187 en Arriconha (Tagilde, Vizela, Portugal) |
| Pasamento | 10 de xaneiro de 1259 en Amarante (Portugal) |
| Proceso de canonización | |
| Beatificación | 1560, en Roma por Pío IV |
| Veneración | |
| Venerado/a en | Igrexa Católica |
| Festividade | 10 de xaneiro |
Gonzalo de Amarante, nado en Tagilde, Vizela, Portugal en 1187 e finado o 10 de xaneiro de 1259, é un beato dominicano da Igrexa Católica, e a súa festividade celébrase o 10 de xaneiro.[1]
Sábese moi pouco da vida deste popular beato. Pertenceu a unha extensa familia nobre, desde pequeno, practicamente desde o bautismo, sentiuse atraído pola relixión, dándose conta o arcebispo de Braga, quen o tomou como aprendiz e preparouno para o sacerdocio. Aceptárono os frades dominicos, sendo reitor da orde do bispo en San Pelagio. Foi de peregrino aos catorce anos a Palestina e Roma, e ao seu retorno, por múltiples cambios e problemas co seu sobriño retirouse en Amarante a vivir de xeito solitario, dedicándose á evanxelización. Aos poucos, unha grave enfermidade foi deteriorando a súa saúde, ata falecer o 10 de xaneiro de 1259.[1]
En 1560 o papa Pío IV beatificouno.[1] A súa canonización nunca se concretou pero de igual forma é chamado comunmente santo, celebrándose a súa festa o 10 de xaneiro, día do seu falecemento.
É invocado como casamenteiro das vellas e nos casos de infertilidade.[2][3]
En honor deste beato portugués, unha coñecida canle brasileira que cruza a cidade de Pelotas (Río Grande do Sur), foi chamada Canle São Gonçalo.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 1,2 Archidiócesis de Madrid. "Gonzalo de Amarante, Beato". Catholic.net. Consultado o 18 de febreiro de 2013.
- ↑ Lifecooler. "Romería de San Gonzalo". Consultado o 18 de febreiro de 2013.
- ↑ Arquivo Português de Lendas. "Lenda do Casamenteiro das Velhas". Consultado o 18 de febreiro de 2013.
| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Gonzalo de Amarante |
|