Pedro Cortina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pedro Cortina
Pedro Cortina Mauri
Datos persoais
Nacemento18 de marzo de 1908
 La Pobla de Segur, Lleida
Falecemento14 de febreiro de 1993
 Madrid
FillosAlfonso Cortina e Alberto Cortina
ProfesiónPolítico, diplomático e empresario
editar datos en Wikidata ]

Pedro Cortina Mauri, nado en La Pobla de Segur (Lleida) o 18 de marzo de 1908 e finado en Madrid o 14 de febreiro de 1993, foi un político, diplomático e empresario catalán.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou Dereito, e foi diplomático de carreira dende 1933, e profesor da Escola Diplomática de Madrid. Embaixador en París (1966-1974), foi ministro de Asuntos Exteriores con Carlos Arias Navarro entre 1974 e 1975.

Durante o seu mandato á fronte da diplomacia española tivo que afrontar o grave problema da descolonización do Sáhara Occidental e a Marcha Verde organizada por Hasan II de Marrocos.

Foi pai dos empresarios Alfonso e Alberto Cortina.

Predecesor:
Laureano López Rodó
Ministro de Asuntos Exteriores de España
xaneiro de 1974 - decembro de 1975
Sucesor:
José María de Areilza

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.