Pedro Barroso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pedro Barroso
Nome completoAntónio Pedro da Silva Chora Barroso
Nacemento28 de novembro de 1950
OrixeLisboa Flag of Portugal.svg
Ocupacióncompositor e escritor
Instrumento(s)voz
editar datos en Wikidata ]

António Pedro da Silva Chora Barroso, máis coñecido popular e artisticamente como Pedro Barroso, nado en Lisboa o 28 de novembro de 1950, é un cantante popular, actor teatral, escritor, profesor e psicólogo portugués .

Biografía[editar | editar a fonte]

Sendo aínda moi pequeno a súa familia trasládase a Riachos, no concello de Torres Novas, terra natal do pai, profesor de primaria. Aos 15 anos, estréase no teatro radiofónico, con Odette de Saint-Maurice na Emissora Nacional portuguesa. En decembro de 1969 é un dos cantautores que saen á luz da man do Zip-Zip, un programa musical da RTP, xunto con Fialho Gouveia, Raul Solnado e Carlos Cruz.

En 1970 presenta Trova-dor, o seu primeiro disco. No mesmo ano entra no Teatro Experimental de Cascais onde traballa como actor, participando en pezas como Fuenteovejuna de Lope de Vega ou Breve Sumario da Historia de Deus de Gil Vicente, xuntamente con José Jorge Letria e António Macedo.

No ano 1973 licénciase en Educación Física, polo antigo Instituto Nacional de Educación Física (actual Faculdade de Motricidade Humana de Lisboa).

En 1976 edítase o seu primeiro longa duración: "Lutas Velhas, Canto Novo". No 1978 sae o disco Água Mole em Pedra Dura no selo Diapasão. No 1980 edita Quem Canta seus Males Espanta. No ano 1981 gaña o Trofeo Karolinka no Festival Menschen und Meer, realizado na RDA.

No ano 1982 participa no Festival da Canción da Rádio Comercial con "Cantar Brejeiro". En 1987 recibe o premio para a mellor canción do ano con "Menina dos Olhos d’Água", do seu LP Roupas De Pátria Roupas De Mulher.

Paralelamente á súa actividade artística deu clases en secundaria durante máis de vinte anos. Ten un posgrao en Psicoterapia do Comportamento e desenvolve a súa actividade na área da musicoterapia.

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Lutas Velhas Canto Novo (LP, 1976)
  • Água Mole Em Pedra Dura (LP, Diapasão, 1978) [reeditado en 2000 co título "Cartas de Portugal"]
  • Quem Canta Seus Males Espanta (LP, Diapasão, 1980)
  • Cantos à Terra Madre (LP, Orfeu, 1982)
  • Do Lado De Cá De Mim (LP, Orfeu, 1983)[reeditado em 2003]
  • Cantos Da Borda D' Água (LP, Orfeu, 1985)
  • Colectânea (Compilação, Orfeu, 1986)
  • Roupas De Pátria Roupas De Mulher (LP, Orfeu, 1987)
  • Pedro Barroso (LP, Orfeu, 1988)
  • Longe D'Aqui (LP/CD, 1990)
  • Quem Canta Seus Males Espanta (Recompilatorio, Ovação ref. lp-3027, 1990) [reedición parcial de temas dos lps "água mole em pedra dura" e "quem canta seus males espanta"]
  • Cantos D'Antiga Idade (CD, 1994)
  • Cantos D' Oxalá (CD, 1996)
  • O Melhor dos Melhores (Vol. 81) (Recompilatorio, Movieplay, 1998)
  • Criticamente (CD, 1999)
  • Colecção Clássicos Da Renascença (Vol. 85) (Recompilatorio, Movieplay, 2000)
  • Crónicas Da Violentíssima Ternura (CD, 2001)
  • De Viva Voz (CD, Lusogram, 2002)[ao vivo]
  • Navegador Do Futuro (CD, Ocarina, 2004)
  • Antologia 1982-1990 (Recompilatorio, Movieplay, 2005)
  • sensual idade (CD, Ovação, 2008)

Singles e Eps

  • Trova-dor (EP, 1970)
  • Breve Sumário Da História De Deus (EP, Zip-Zip, 1971) (con José Jorge Letria e António Macedo)
  • 1º de Maio (Single, 1974)
  • Canção Urgente (Single, 1975)
  • Nova Canção de Lisboa (Single, 1979)
  • Canção ao Rio Almonda (Single, 1980)
  • Cantar Brejeiro (single, 1982)
  • Ai Consta (Single, 1983)
  • Camarnal (single, 1984)

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Cantos Falados (Ulmeiro, 1996)
  • Das Mulheres e do Mundo (Mirante, 2003)
  • A História Maravilhosa do País Bimbo (Calidum, 2005)
  • contos anarquistas (temas originais, 2009)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]