Saltar ao contido

Pedrafita de Rebordiño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°05′11″N 7°30′25″O / 42.0863478256, -7.50683248043 A pedrafita de Rebordiño é un menhir do tipo «forma cabeza», posiblemente da Idade de Bronce, atopado en Soutelo Verde (O Castro de Laza, Laza).[1][2]

Descrición[editar | editar a fonte]

Trátase dunha pedra de granito de 1,88 m de altura, 0,76 m de anchura e 0,40 m de espesor. Presenta unha protuberancia na parte superior que se interpretou como unha cabeza. A un terzo da altura presenta dúas escotaduras que buscan a forma antorpomorfa que se pode ver noutras estatuas-menhir deste tipo.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

O megálito deuno a coñecer en 2015 o etnógrafo Bruno Rúa.[2][1] Non forma parte de ningunha linde entre aldeas ou parroquias. Un pastor local de Carraxo conservaba unha lenda que di que o menhir é un home que se atreveu a tratar de roubar a clave de ouro que sostiña a bóveda que había debaixo do Castro dos Mouros. Como castigo, o rei mouro converteuno en pedra.[2] Outra lenda conta que cando as mozas ían levar o gando aos prados da Escaceira, a moura que vivía no Pozo da Moura, que nunca secaba, a carón do menhir, insistía en peitealas.[3]

Localización[editar | editar a fonte]

Atópase preto de Carraxo, alén da estrada OU-113, nunha ladeira de difícil acceso do val do río Támega, nos contrafortes occidentais da serra de Meda, unha prolongación da serra de San Mamede.[2]

O lugar é unha fieiteira preto dos restos do poboado fortificado da cultura castrexa de Castro dos Mouros, e podería estar relacionado con el.[2][3] Do poboado non se conservan restos de muralla ou construcións e foi moi alterado polas actividades forestais.[4]

Na zona atopáronse tamén até 78 petróglifos,[1], entre en Soutelo Verde o das Ferraduras, formado por catro ou cinco coviñas e un signo en forma de ferradura.[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Martínez, Sindo (11 de abril de 2015). "Descubren una estatua menhir de hace 4.000 años en un monte de Laza". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 6 de xaneiro de 2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Pedrafita de Rebordiño na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
  3. 3,0 3,1 Castro dos Mouros na páxina web colaborativa Patrimonio Galego.
  4. 4,0 4,1 "Catálogo de planeamiento arqueolóxico" (PDF). Xunta de Galicia. 26 de febreiro de 2008. Consultado o 6 de xaneiro de 2015.