Castro dos Mouros (Laza)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 42°05′12″N 7°30′21″O / 42.08675330392, -7.5059417867826

Castro dos Mouros (Laza)
ParroquiaCastro de Laza
ConcelloLaza
ProvinciaOurense
Comunidade autónomaGalicia
Cronoloxía
Datas de ocupaciónIdade de Ferro
Data da descuberta?
Véxase tamén
Castros de Galicia

O castro dos Mouros son as ruínas dun castro da Idade do Ferro situado en Soutelo Verde, unha aldea do concello de Laza, na provincia de Ourense.[1]

Localización[editar | editar a fonte]

As ruínas do castro atópanse en Soutelo Verde, na parroquia de Castro de Laza no concello de Laza, na provincia de Ourense. Atópase preto de Carraxo, alén da estrada OU-113 nunha ladeira de difícil acceso do val do río Támega, nos contrafortes occidentais da Serra de San Mamede, unha prolongación da Serra de San Mamede.[1]

O lugar é actualmente un fental no lugar chamado «Castro dos Mouros», preto da estatua-menhir de Rebordiño.[2][3] Trátase dunha pedra de granito de 1,88 m de altura, 0,76 m anchura e 0,40 m espesor. Presenta unha protuberancia na parte superior que se interpretou como unha cabeza. A un terzo da altura presenta dúas escotaduras que buscan a forma antorpomorfa que se pode ver noutras estatuas-menhir deste tipo.[3]

Na zona atopáronse tamén ata 78 petróglifos,[2] estando o «das Ferraduras» en Soutelo Verde, e que está formado por catro ou cinco coviñas e un signo en forma de ferradura.[4]

Descrición[editar | editar a fonte]

O castro foi unha poboación fortificada da cultura castrexa que posiblemente estivo poboada polos tamaganos, tribo celta que recibe o seu nome do río Támega. O poboado estaba rodeado por un enorme foso que protexía o 80% do perímetro, de 10 metros de ancho e 7 metros de profundidade nalgúns tramos.[1] Do poboado non se conservan restos de muralla ou construcións e foi moi alterado polas actividades forestais.[4]

Historia[editar | editar a fonte]

O menhir de Rebordiño foi esquecido pola documentación oficial xa que non forma parte de ningún linde entre aldeas ou parroquias. Con todo, un pastor local de Carraxo conservaba unha lenda que di que o menhir é un home que se atreveu a tratar de roubar a clave de ouro que sostiña a bóveda que había debaixo do Castro dous Mouros. Como castigo, o rei mouro converteuno en pedra.[3]

Do Castro dos Mouros existía aínda memoria dun asentamento e de que se achaban pedras no lugar, que pola súa descrición puideron ser capiteis e perpiaños.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 Rúa, Bruno (7 de abril de 2015). "Castro dos Mouros". Patrimonio Galego (en gallego). Consultado o 6 de diciembre de 2021. 
  2. 2,0 2,1 Martínez, Sindo (11 de abril de 2015). "Descubren una estatua menhir de hace 4.000 años en un monte de Laza". La Voz de Galicia (en español). Consultado o 6 de enero de 2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 Rúa, Bruno (20 de abril de 2015). "Pedrafita de Rebordiño". Patrimonio Galego (en gallego). Consultado o 6 de enero de 2015. 
  4. 4,0 4,1 "Catálogo de planeamiento arqueolóxico" (PDF). Xunta de Galicia (en gallego). 26 de febrero de 2008. Consultado o 6 de enero de 2015. 
  5. "Catálogo de bens obxeto de protección" (PDF). Plan Xeral de Ordenación Municipal de Laza. 26 de febrero de 2008. p. 98. Consultado o 6 de diciembre de 2021.