Paulo Castilho (escritor)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Paulo Castilho
Nacemento10 de febreiro de 1944
 Matosinhos
NacionalidadePortugal
Ocupaciónescritor e diplomático
editar datos en Wikidata ]

Paulo Castilho, nado en Matosinhos o 10 de febreiro de 1944, é un escritor e diplomático portugués.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo do diplomático e ensaísta Guilherme de Castilho[2] e da escritora Marta de Lima (pseudónimo de Zulmira Castilho[3]), viviu de novo na África do Sul, Hong-Kong, Macau e Lisboa. Licenciouse en Dereito, na Universidade de Lisboa.[4]

Como diplomático de carreira estivo en Washington D.C. no perído de 1970 a 1971 e Londres (conselleiro da embaixada) no período de 1980 a 1985. Foi tamén embaixador en Estocolmo, na Letonia e na Irlanda.. Foi representante de Portugal no Consello da Europa, en Estrasburgo.

É un narrador atento aos desencontros ideolóxicos entre a xeración dos 60 e a xeración dos 80 de Portugal. Nunha escrita que usa a técnica da alternancia de puntos de vista na observación desapaixonada mais exacta do comportamento humano e da realidade cotiá, o estilo novelístico de Paulo Castilho, con recursos á frase curta, frecuentemente nominal, nunha especie de zapping construtivo, descompón unha civilización dominada polos media, pola publicidade, por unha visión do mundo construída a partir da industria cinematográfica norteamericana.[5]

Foi condecorado pola Presidência da República con a Grã-Cruz da Ordem do Mérito en 1995.[6]

Publicacións[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

  • Premio Fernando Namora con Dominio Público (2012)
  • Premio P.E.N. Club Portugués de Novelística con Fóra de Horas (1990)
  • Grande Premio de Novela e Novela Curta APE/IPLB con Fóra de Horas (1989)
  • Premio Municipal Eça de Queirós con Fóra de Horas (1989)
  • Premio Literario Diario de Noticias con O Outro Lado do Espello (1984)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Enciclopédia Larousse (vol. 4). ISBN 978-972-759-924-0. 
  2. Luz, Peregrino da. "Escritor Paulo Castilho - Feliz Aniversário ao autor para o qual “O rigor é um imperativo moral”". Arquivado dende o orixinal o 29 de agosto de 2016. Consultado o 2020-03-31. 
  3. Leme, Carlos Câmara. "Uma brincadeira muito a sério". PÚBLICO (en portugués). Consultado o 2020-03-31. 
  4. História de Portugal - Dicionário de Personalidades (Vol. XIII). ISBN 989-554-118-X. 
  5. "Paulo Castilho. Wook". www.wook.pt (en portugués). Consultado o 2020-03-31. 
  6. "Despesa". www.goodreads.com. Consultado o 2020-03-31.