Paulino Novo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Paulino Novo Folgueira")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Paulino Novo
Nacemento1962
 Meira
NacionalidadeEspaña
editar datos en Wikidata ]

Paulino Francisco Novo Folgueira, nado en Meira o 4 de setembro de 1962, é un filólogo galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Dende 1985 é licenciado en Filoloxía Hispánica pola Universidade de Santiago de Compostela, e dende 2013 doutor en Filoloxía Galega pola mesma universidade.

Ademais de asesor lingüística para a CRTVG, tanto na radio coma na televisión, foi director literario de Edicións Lea (1999-2003).

Obra[editar | editar a fonte]

  • 2004. “Os insultos. Unha cala na súa expresividade”, en A lingua galega. Historia e Actualidade: Actas do I Congreso Internacional (ILGA). Ed. Consello da Cultura Galega, Instituto da Lingua Galega.
  • 2003. Narradio. 56 historias no ar, coordinador canda Ana Romaní, Ed. Xerais e Radio Galega, Vigo.
  • 2001. Obradoiro de redacción, coautor con Xosé López, Ed. Consello da Cultura, Santiago de Compostela.
  • 1999. Diccionario de uso para a comunicación, Ed. Xerais, Vigo.
  • 1998. Vocabulario dos deportes, coautor con Salvador Pérez, Ed. Lea, Santiago de Compostela.
  • 1998. Encrucillados, Ed. Lea, Santiago de Compostela.
  • 1993. Vocabulario galego da comunicación, coautor con Francisco Campos e Xosé López, Ed. Lea, Santiago de Compostela.
  • 1988. Vocabulario dos deportes, Ed. Consellería de Educación e Ordenación universitaria, Santiago de Compostela.
  • 1986. Aspectos sociolingüísticos do bilingüismo en Galicia, coautor con Henrique Monteagudo, Ed. Consellería de Educación e Cultura, Santiago de Compostela.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]