Premios Iris
Os Premios Iris, chamados Premios ATV ata 2011, son uns galardóns que, desde 1998, outorga a Academia das Ciencias e as Artes de Televisión de España ao labor máis destacado en diferentes ámbitos no mundo da televisión en España.
Anteriormente estes galardóns tamén eran coñecidos como Premios Vitoria, xa que a estatua que se entregaba aos gañadores era unha pequena escultura realizada por Pello Irazu que representaba, alegoricamente, a Vitoria de Samotracia.
A cerimonia de entrega dos premios correspondentes a 1998, que tivo lugar o 22 de febreiro de 1999, foi retransmitida por Televisión Española. Repetiría en 2001, 2002, 2003 e 2004. Antena 3 retransmitiu as cerimonias dos Premios de 1999, Telecinco a de 2000, laSexta en 2007 e Veo7 en 2010.
A partir da cerimonia de 2011, os premios da Academia da Televisión pasan a chamarse Premios Iris.[1]