Saltar ao contido

Candás, Asturias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCandás, Asturias
Imaxe

Localización
Mapa
 43°35′21″N 5°45′56″O / 43.58903, -5.7656
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAsturias
Provinciaprovincia de Asturias
ConcelloCarreño Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación7.193 (2017) Editar o valor en Wikidata (3.254,75 hab./km²)
Número de fogares3.822 (2001) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie2,21 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Cantábrico Editar o valor en Wikidata
Altitude13 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal33430 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE33014030000 Editar o valor en Wikidata

Candás é a parroquia máis poboada do concello de Carreño, no Principado de Asturias, e unha vila de devandita parroquia. A vila de Candás é a capital do concello.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Localízase nun dos puntos máis setentrionais da Península Ibérica, a 13 quilómetros do Cabo de Peñas. Atópase perfectamente comunicada con Xixón, Avilés e Oviedo, cidades das que se atopa a distancias inferiores a 30 quilómetros. A parroquia no seu conxunto conta con 7.320 habitantes, e a vila de Candás con 6.836 (INE 2009).

Economía

[editar | editar a fonte]

Tradicionalmente a pesca e a industria conserveira foron os sectores económicos máis importantes do pobo, pero ambos entraron en crise coa apertura da factoría ENSIDESA e coa expansión da siderurxia na comarca de Avilés. Actualmente o turismo e a hostalaría, sobre todo no verán, tamén ocupan un lugar importante na economía da vila.

Un dos elementos máis significativos do pobo é o seu porto, no pasado un dos máis importantes do Mar Cantábrico.

Festividades

[editar | editar a fonte]

As festas locais son o Festival da Sardiña (San Félix) o 1 de agosto e o Cristo, o 14 de setembro. Destaca tamén polo grande éxito de público o Festival de Bandes de Gaites Villa de Candás, un festival que vén celebrándose no mes de xullo desde 1997 onde se reúnen moitas das mellores formacións de Europa cun denominador común: a gaita. Tamén son de destacar as romarías tradicionais de San Antonio (13 de xuño) e San Roque (16 de agosto).

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]