Paul Bettany
(2025) | |
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 27 de maio de 1971 Shepherd's Bush |
| Residencia | Brooklyn |
| Relixión | Ateísmo |
| Educación | Drama Centre London |
| Actividade | |
| Ocupación | actor, guitarrista, produtor de cinema, actor de teatro, actor de dobraxe, guionista, artista urbano, realizador, actor de cinema, director de cinema |
| Período de actividade | 1994 |
| Obra | |
Obras destacables
| |
| Familia | |
| Cónxuxe | Jennifer Connelly (2003–) |
| Fillos | Stellan Bettany, Agnes Bettany |
| Pai | Thane Bettany |
| Premios | |
| |
Paul Bettany, nado o 27 de maio de 1971 en Londres, é un actor inglés. Traballando en gran variedade de filmes, foi nomeado ós premios BAFTA e Screen Actors Guild.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Paul Bettany, fillo de Bettany e Anne Kettle, nado no barrio londiniense de Shepherd's Bush, no seo dunha familia de actores de teatro. Creceu na cidade de Hatfield, no condado de Hertfordshire, onde o seu pai daba clases nunha escola. Ten unha irmá máis vella chamada Sarah e tivo un irmán máis novo chamado Matthew que morreu dun accidente ós oito anos tras caer dende o teito dun edificio. Logo deste suceso, os seus pais diverciáronse e el mudouse a vivir só a Londres, onde foi músico nas rúas antes de iniciar os seus estudos no Drama Centre London en 1990.
Vida privada
[editar | editar a fonte]Durante un tempo tivo problemas coas drogas o que o levou a ter diversos altercados en hoteis e avións, polos cales decidiu por fin a súa adicción. En A Beautiful Mind (2001) coñecería á que actualmente é a súa esposa a tamén actriz Jennifer Connelly, coa que casou o 1 de xaneiro de 2003 en Escocia, nunha cerimonia conformada polo seu círculo de amigos e familiares máis achegados. Tivo o seu primeiro fillo con Connelly en agosto dese mesmo ano, chamado Stellan, na honra ó seu amigo o actor Stellan Skarsgard. Ademais, é o padrasto de Kai, o fillo máis vello de Jennifer Connelly e motivo polo cal viven en Nova York. O 31 de maio de 2011 tiveron o seu segundo fillo: unha nena chamada Agnes Lark. Bettany, que foi criado coma católico, é actualmente ateo.
Filmografía
[editar | editar a fonte]| Ano | Filme | Papel | Notas |
|---|---|---|---|
| 1997 | Bent | Capitán | |
| Sharpe´s Waterloo | Príncipe William de Orange | ||
| 1998 | Coming Home | Edward Carey-Lewis | Telefilme |
| Killer Net | Joe Hunter | Miniserie | |
| The Land Girls | Philip | ||
| 1999 | Every Woman Knows a Secret | Rob | Miniserie |
| After the Rain | Steph | ||
| 2000 | Kiss Kiss (Bang Bang) | Jimmy | |
| The Suicide Club | Shaw | ||
| David Copperfield | James Steerforth | Telefilme | |
| Dead Babies | Quentin | ||
| Gangster No. 1 | Novo Gangster | ||
| 2001 | Destino de cabaleiro | Geoffrey Chaucer | |
| A Beautiful Mind | Charles Herman | ||
| 2002 | Euston Road | "Y" | Curtametraxe |
| The Heart of Me | Rickie | ||
| 2003 | Master and Commander: The Far Side of the World | Dr. Stephen Maturin | |
| The Reckoning | Nicholas | ||
| Dogville | Tom Edison | ||
| 2004 | Wimbledon | Peter Colt | |
| 2006 | Firewall | Bill Cox | |
| The Da Vinci Code | Silas | ||
| 2008 | Iron Man | Edwin Jarvis | Voz |
| The Secret Life of Bees | T. Ray Owens | ||
| Inkheart | Dustfinger | ||
| Broken Lines | Chester | ||
| 2009 | The Young Victoria | William Lamb | |
| Creation | Charles Darwin | ||
| 2010 | Legion | Arcanxo Miguel | |
| Iron Man 2 | Edwin Jarvis | Voz | |
| Margin Call | |||
| The Tourist | John Acheson | ||
| 2011 | Priest | Priest | |
| 2012 | The Avengers | Edwin Jarvis | Voz |
| 2013 | Blood | Joe Fairburn | |
| Iron Man 3 | J.A.R.V.I.S. | Voz | |
| 2014 | Transcendence | Max | |
| Mortdecai | Jock Strapp | ||
| Shelter | Guionista/Director | ||
| 2015 | Avengers: Age of Ultron | Vision - Jarvis | |
| 2016 | Capitan América: Civil War | Vision | |
| 2017 | Journey's End | Lieutenant Osborne | |
| Manhunt: Unabomber | Ted Kaczynski | ||
| 2018 | Avengers: Infinity War | Vision | |
| Han Solo: A Star Wars Story | Dryden Vos | ||
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha na IMDb (en inglés)