Master and Commander: The Far Side of the World
Master and Commander: The Far Side of the World é un filme estadounidense de 2003 coescrito, producido e dirixido por Peter Weir, que está ambientado nas guerras napoleónicas. O argumento do filme e as personaxes están baseados nas novelas do autor Patrick O'Brian. Está protagonizado por Russell Crowe como Jack Aubrey, capitán da Mariña Real, e Paul Bettany como o Dr. Stephen Maturin, o cirurxián da nave. O filme, cun orzamento de $150 millóns, foi coproducido por 20th Century Fox, Miramax Films, Universal Pictures e Samuel Goldwyn Films, e foi estreado o 14 de novembro de 2003. Tivo unha recadación de $212 millóns en todo o mundo.
O filme foi ben recibido pola crítica. Na 76ª edición dos Óscar, foi nomeado en 10 categorías, incluíndo a de mellor filme. Gañou en dúas categorías, mellor fotografía e mellor edición de son e perdeu en tódalas outras categorías fronte a The Lord of the Rings: The Return of the King.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Russell Crowe como capitán Jack Aubrey
- Paul Bettany como Stephen Maturin
- James D'Arcy como Tom Pullings
- Edward Woodall como William Mowett
- Chris Larkin como capitán Howard
- Max Pirkis como Blakeney
- Jack Randall como Boyle
- Max Benitz como Calamy
- Lee Ingleby como Hollom
- Richard Pates como Williamson
- Robert Pugh como señor Allen
- Richard McCabe como señor Higgins
- Ian Mercer como señor Hollar
- Tony Dolan como señor Lamb,
- David Threlfall como Preserved Killick
- Billy Boyd como Barrett Bonden
- Bryan Dick como Joseph Nagle
- Joseph Morgan como William Warley
- George Innes como Joe Plaice
Notas
[editar | editar a fonte]Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- McGregor, Tom (2003). W.W. Norton, ed. The Making of Master and Commander: The Far Side of the World. Nova York. ISBN 0-393-05865-4.