Paul Anspach

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Paul Anspach
1912 Paul Anspach.JPG
Nacemento 1 de abril de 1882
Lugar Flag of Belgium.svg Burcht, Bélxica
Falecemento 28 de agosto de 1981
Lugar Flag of Belgium.svg Bruxelas, Bélxica
Nacionalidade Bélxica
Ocupación tirador de esgrima.
editar datos en Wikidata ]

Paul Anspach, nado en Burcht o 1 de abril de 1882 e finado en Bruxelas o 28 de agosto de 1981, foi un tirador de esgrima belga, que competiu nas modalidades de espada e florete.

Anspach participou en catro olimpíadas co equipo de esgrima belga (1908, 1912, 1920 e 1924).[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Anspach naceu nunha familia xudía[2] en Burcht (Bélxica)[3]

Foi o capitán do equipo nacional belga de espada de 1909 a 1928. A súa primeira participación dunha olímpiada foi nos xogos de Londres en 1908, competindo en espada, tanto no equipo individual como por equipos. Levando Bélxica a medalla de prata por equipos; Anspach gañou 10 dos seus 15 asaltos. Na compeción individual, chegou ás finais, quedando quinto. Tamén participou en sabre, chegando á segunda rolda.[3]

Nos Xogos Olímpicos de 1912 en Estocolmo logrou a medalla de ouro en espada tanto en individual como por equipos. Entre os seus compañeiros de equipo estaba o seu irmán Henri Anspach, o recoñecido artista Jacques Ochs e Gaston Salmon. Na competición individual, gañou 6 das 7 loitas para gañar o ouro, perdendo só contra o británico Edgar Seligman. Anspach chegou tamén ás semifinais na competición de florete individual, antes de ser eliminado, quedano o 12º.[3][4]

A seguinte competición olímpica de Anspach foi en 1920 nos Xogos de Antuerpen, gañando unha medalla de prata en espada por equipos.[2][3] A súa derradeira Olimpíada foi en 1924 en París, alí chegou ás finais en espada individual, quedando en 9º lugar e en espada por equipos chegou de novo ás finais, rematando Bélxica en 2ª praza, polo que levou a medalla de prata.[3]

En 1951 Anspach converteuse no primeiro gañador do Taher Pacha Trophy, establecido en 1950 por H.E. Mohammed Taher Pacha no que o COI premia anualmente a un atleta pola súa especial distinción no nome do Olimpismo[5]

En 1976 Anspach levou a Medalla de Prata da Orde Olímpica,[1][4] e nos Xogos Olímpicos de 1976 en Montreal, o Comités d'organisation des Jeux Olympiques (COJO) convidou a Anspach a tomar parte na cerimonia da transmisión do Facho Olímpico de Atenas a Ottawa, pero debido á súa idade os médicos desaconselláronlle a viaxe, non obstante Anspach declarou que quedaba recoñecido polo privilexio que lle outorgaban .[6]

Comité Olímpico Belga e Federación Internacional de Esgrima[editar | editar a fonte]

Anspach colaborou na formación do Comité Olímpico Belga en 1906.[1][7]

En 1913 foi un dos fundadores da Federación Internacional de Esgrima ("Fédération Internationale d'Escrime", ou FIE).[4], servindo como o seu secretario xeral e como presidente de 1932 a 1939, ano no que debido á Segunda Guerra Mundial suspendeu as súas actividades, retomou o posto en 1946, ata 1950.[4]

En 1914 no Congreso Olímpico de París foi o secretario.[8] e coa marqués de Chasseloup-Laubat deseñou as normas da esgrima como deporte olímpico.[9]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 "Olympism in mourning" (PDF). Olympic Review (Lausanne, Switzerland: The International Olympic Committee) 167: 559. September–October 1981. Consultado o 18 August 2009. 
  2. 2,0 2,1 Horvitz, Peter S. (2007-04). The Big Book of Jewish Sports Heroes: An Illustrated Compendium of Sports History & The 150 Greatest Jewish Sports Stars. Specialist Press International. p. 184. ISBN 1-56171-907-2. Consultado o 18 August 2009. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 "Paul Anspach Biography and Statistics". Sports Reference. Consultado o 17 August 2009. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "Olympic awards." (PDF). Olympic Review (Lausanne, Switzerland: The International Olympic Committee). 107–108: 505–506. September–October 1976. Consultado o 18 August 2009. 
  5. "The Taher Pachas trophy." (PDF). Olympic Review (Lausanne, Switzerland: The International Olympic Committee) 29: 2. September 1951. Consultado o 18 August 2009. 
  6. "COJO's Invitation to Mr. Paul Anspach" (PDF). Olympic Official Report Montreal 1976 (Lausanne, Switzerland: The International Olympic Committee). 1 (part 2). 1976. Consultado o 18 August 2009. 
  7. "Around the National Olympic Committees." (PDF). Olympic Review (Lausanne, Switzerland: The International Olympic Committee). 107–108: 566. September–October 1976. Consultado o 18 August 2009. 
  8. Anspach, Paul (September–October 1974). "Coubertin and fencing" (PDF). Olympic Review (Lausanne, Switzerland: The International Olympic Committee). 82–83: 461. Consultado o 18 August 2009. 
  9. Lahmy, Eric (August 1985). "Safety in Fencing" (PDF). Olympic Review (Lausanne, Switzerland: The International Olympic Committee) 214: 499. Consultado o 18 August 2009. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]