Edgar Seligman
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de abril de 1867 San Francisco, Estados Unidos de América |
Morte | 27 de setembro de 1958 (91 anos) Londres, Reino Unido |
Altura | 174 cm |
Peso | 80 kg |
Actividade | |
Lugar de traballo | Londres |
Ocupación | esgrimista, pintor |
Período de actividade | 1890 - 1958 |
Carreira militar | |
Rama militar | Exército Británico |
Deporte | esgrima |
Participou en | |
1924 | Xogos Olímpicos de 1924 |
1920 | Xogos Olímpicos de 1920 |
1912 | Xogos Olímpicos de 1912 |
1908 | Xogos Olímpicos de 1908 |
1906 | Xogos Olímpicos de 1906 |
Edgar Isaac Seligman, nado en San Francisco o 14 de abril de 1867 e finado en Londres o 27 de setembro de 1958, foi un pintor e tirador de esgrima inglés, gañador de tres medallas olímpicas.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Seligman naceu nos Estados Unidos de pais alemáns que acabaron por establecerse en Londres, onde adquiriu a cidadanía británica.[1] Loitou na Guerra Boer co Imperial Yeomanry. Esgrimista de sona participou en cinco olimpiadas como membro do equipo de esgrima británico, e foi o único home en gañar o campionato británico nas tres armas dúas veces.[2]
Carreira deportiva
[editar | editar a fonte]Campionato Británico
[editar | editar a fonte]Seligman foi o campión británico de espada en 1904 e 1906,[3] de florete en 1906–1907 e de sabre en 1923 e 1924.
Xogos Intercalados
[editar | editar a fonte]En 1906 competiu nos "Xogos Intercalados" de Atenas, logrando a medalla de prata co equipo de espada.[4]
Xogos Olímpicos de 1908
[editar | editar a fonte]Co Reino Unido como o país organizador en 1908, Seligman e os seus compañeiros de equipo gañaron a medalla de prata na competición de espada por equipos, tras derrotar a Bélxica e Dinamarca. Seligman non tivo éxito en espada individual, perdendo na primeira rolda.
Xogos Olímpicos de 1912
[editar | editar a fonte]Catro anos máis tarde, nos Xogos Olímpicos de 1912 de Estocolmo, Seligman fooi o capitán do equipo británico, competindo en tres probas, chegando á final nas tres e gañando a prata en espada por equipos; en espada individual quedou sexto ao igual ca en florete.
Xogos Olímpicos de 1920
[editar | editar a fonte]Nos Xogos Olímpicos de 1920 de Anveres foi de novo o capitán británico do equipo de esgrima, rematando sétimo na competición de florete por equipos e quinto en espada por equipos.
Xogos Olímpicos de 1924
[editar | editar a fonte]Nos Xogos Olímpicos de 1924 de París, Seligman foi o capitán por terceira vez, nas primeiras tres roldas en florete individual gañou 12 dos 13 encontros chegando á final, pero por mor dun accidente mancou unha perna e tivo que retirarse.
Xogos Olímpicos de 1928 e 1932
[editar | editar a fonte]Nos Xogos Olímpicos de 1928 e 1934 participou nas competicións artísticas de pintura.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Wills and Bequests - Print Collection for Museums" (Deaths). The Times (London). Friday, 30 January 1959. Issue 54372, col B, p. 15.
- ↑ fencingmuseum.com
- ↑ "Encyclopedia Britannica, 11ª ed". Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2012. Consultado o 01 de decembro de 2012.
- ↑ "Encyclopedia Britannica, 11ª ed.". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2013. Consultado o 15 de setembro de 2013.
- ↑ "Edgar Seligman Olympic Results". sports-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 06 de xaneiro de 2009. Consultado o 25 March 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Olympics record (en inglés)
- Nados en 1867
- Finados en 1958
- Esgrimistas de Inglaterra
- Esgrimistas olímpicos do Reino Unido
- Medallistas olímpicos en esgrima
- Medallistas olímpicos de prata polo Reino Unido
- Pintores de Inglaterra
- Nados en San Francisco
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1908
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1912
- Esgrimistas de espada
- Esgrimistas de sabre
- Esgrimistas de florete
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1908
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1912
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1920
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1924
- Personalidades da arte do Reino Unido