Jacques Ochs
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (fr) Jacques Martin Ochs 18 de febreiro de 1883 Niza, Francia |
Morte | 3 de abril de 1971 (88 anos) Liexa, Bélxica |
Director Académie royale des beaux-arts de Liège (en) | |
1934 – 1948 ← Émile Berchmans – Joseph Moutschen (pt) → | |
Mestre Académie royale des beaux-arts de Liège (en) | |
1921 – 1948 | |
Datos persoais | |
Educación | Academia Julian (pt) Académie royale des beaux-arts de Liège (en) |
Actividade | |
Campo de traballo | Pintura e gráficos |
Lugar de traballo | Liexa (1893–1971) |
Ocupación | esgrimista, artista gráfico, ilustrador, pintor, caricaturista |
Profesores | Adrien de Witte, Émile D’Heur e Evariste Carpentier |
Deporte | esgrima |
Participou en | |
1912 | Xogos Olímpicos de 1912 |
Jacques Ochs, nado en Niza o 18 de febreiro de 1883 e finado en Liexa o 3 de abril de 1971, foi un artista e tirador de esgrima belga.[1]
Primeiros anos
[editar | editar a fonte]De orixe xudía[1], a súa familia foi vivir a Bélxica en 1893, estudou na Académie Royale des Beaux-Arts de Liexa,[1] graduándose en 1903, gañando o Premio Donnay dese ano e foi a París para continuar os seus estudos na Académie Julian en París deica 1905. Recoñecido esgrimista, foi o campión de Bélxica de 1912 e participou nos Xogos Olímpicos de 1912 de Estocolmo gañando a medalla de ouro co equipo de espada [2][3], competindo tamén en tres probas individuais. En 1914 proclamouse campión mundial. Voluntario na primeira guerra mundial foi piloto e foi ferido de gravidade. En 1920 converteuse en profesor de pintura da Académie Royale des Beaux-Arts de Liexa,[1] en 1934 era Director do Musée des Beaux Arts da cidade.
Ochs foi un caricaturista recoñecido, publicou en varios xornais como Le Figaro, pero sobre todo fíxose coñecido en todo o país por publicar as súas caricaturas na portada da revista satírica de dereitas Pourquoi Pas?.
Arresto e internamento
[editar | editar a fonte]En abril de 1938, Ochs, publicou unha caricatura de Hitler na portada de Pourquoi Pas? cunha esvástica na cabeza e un espectro coa forma dun xudeu sen cabeza. Tras a invasión alemá, Ochs foi detido o 17 de novembro de 1940. Un mes máis tarde, o 17 de decembro, Ochs quedou internado no campo de Breendonk, ao sur de Anveres, onde se enviaban os prisioneiros políticos e xudeus estranxeiros antes de envialos a Alemaña.[1], as condicións eran moi duras, e abundaban as enfermidades e a tortura [4]. Ochs documentou por medio de caricaturas a súa vida no campo, debuxando retratos dos seus compañeiros de infortunio.[1] E mesmo o comandante do campo Philipp Schmitt ordenoulle realizar debuxos do campo e dos seus ocupantes, Ochs estaba obrigado a obedecer pero para realizalos facía os retratos en posición de sentado, para que as vítimas do campo puideran ter un momento de descanso mentres el os debuxaba. En 1942 polas xestións do gobernador militar de Bélxica Alexander von Falkenhausen, que entrara en contacto coa oposición que había no seo do exército alemán a Hitler, foi liberado do campo e Ochs grazas a SS flamengo que coñecía logrou sacar de alí algúns dos seus debuxos. Foi de novo arrestado en 1944 e internado, canda súa irmá, no Campo de Reagrupamento de Malinas, continuou alí a debuxar e puido evitar a deportación por mor dunha opinión "médica" que confirmaba que fora bautizado como protestante, polo que non podía ser xudeu. Cando as forzas británicas liberaron o campo quedou libre como resto dos prisioneiros. British forces.
Despois da guerra
[editar | editar a fonte]Só un pequeno número dos seus debuxos sobreviviron á guerra pero Ochs usounos para reconstruír escenas do campo, publicándoo en forma de libro co título de Breendonck – Bagnards et Bourreaux en 1947. Ochs volveu dar clase en Liexa e continuou a pintar e debuxar. En 1948 entrou na Académie Royale des Sciences, des Lettres et des Arts de Belgique e foi membro da comisión de adquisicións dos Musées Royaux d'Art Moderne. Realizou numerosas exhibicións da súa obra, recibindo premios en recoñecemento da súa obra, entre elas a medalla de ouro na segunda Bienal de Menton en 1953 e a medalla de ouro [Médaille d'or das artes, ciencias e letras de París en 1959.
Caricaturas en Pourquois Pas?
[editar | editar a fonte]Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Jews and the Olympic Games
- ↑ "Olympics Statistics: Jacques Ochs". databaseolympics.com. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2012. Consultado o 7 April 2010.
- ↑ "Jacques Ochs Olympic Results". sports-reference.com. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2011. Consultado o 7 April 2010.
- ↑ tratanplace.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Biografía
- Holocaust through Art bio Arquivado 30 de setembro de 2011 en Wayback Machine.
- Jews in Sports bio
- Pintores do século XX
- Caricaturistas
- Alumnos da Académie Julian
- Esgrimistas de espada
- Esgrimistas de sabre
- Esgrimistas de florete
- Medallistas olímpicos en esgrima
- Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1912
- Esgrimistas olímpicos de Bélxica
- Medallistas olímpicos de ouro por Bélxica
- Sobreviventes dos campos de concentración nazis
- Nados en 1883
- Finados en 1971
- Nados en Niza
- Esgrimistas nos Xogos Olímpicos de 1912