Pau Vila
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2014.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de xuño de 1881 Sabadell, España |
Morte | 15 de agosto de 1980 (99 anos) Barcelona, España |
Datos persoais | |
Residencia | Sabadell |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | escritor , pedagogo , xeógrafo |
Membro de | |
Lingua | Lingua castelá e lingua catalá |
Familia | |
Fillos | Marc Aureli Vila i Comaposada (en) |
Premios | |
Pau Vila i Dinarès (Sabadell, Vallès Occidental, 1881 - Barcelona, 1980) foi un pedagogo e xeógrafo catalán.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]De familia de teceláns e temperamento autodidáctico e creador, en 1905 fundou a Escola Horaciana, logo de contactos truncados coa Escola Moderna de Ferrer i Guàrdia. O seguinte decenio foi decisivo na súa orientación. No curso 1912-1913 deixou a Escola, diplomándose en Xenebra na École des Sciences de l'Éducation, á par que descubriu a escola xeográfica francesa de Paul Vidal de la Blache e o xeógrafo J. Brunhes.
Foi a autor da división de Cataluña en comarcas, feita por encargo da Generalitat republicana.
A causa da guerra civil tivo que se exiliar a Colombia, e posteriormente a Caracas, tornando a Cataluña en 1962.
Desde 1964 alternou o traballo de investigación entre Venezuela e Barcelona. Este movemento anual entre Caracas e Barcelona mantívose entre 1964 e 1978, en que por razóns de saúde, xa non volveu a Venezuela, aínda que continuou a traballar nos seus temas favoritos.
Obras
[editar | editar a fonte]- Assaig de geografia humana de la muntanya (1925) (Ensaio de xeografía humana da montaña)
- Resum de geografia de Catalunya (1926-1935)
- Divisió territorial de Catalunya (1932-1937)
- Nueva geografía de Colombia: aspecto político, físico, humano y económico (1945)
- Las características fisiográficas del Orinoco (1952)
- Las etapas históricas de los descubrimientos del Orinoco (1952)
- Geografía de Venezuela (1960 e 1965)
- Origen i evolució de la Rambla barcelonina (1965)
- Joan Orpí, l'home de la Nova Catalunya (1967)
- Visiones geohistóricas de Venezuela (1969)
- Barcelona i la seva rodalia al llarg del temps (1974)
- El obispo Martí (1980)