Pau Albarèl
Pau Albarèl | |
---|---|
Alcume | Jan de La Roco, Balin Balan, Jan de la Pinedo, Ravaillant, Lou Bascalaire, Lou Piouletaire e Jirmen Lou Vièlh |
Nacemento | 11 de decembro de 1873 |
Lugar de nacemento | Saint-André-de-Roquelongue |
Falecemento | 15 de xullo de 1929 |
Lugar de falecemento | Montpellier |
Nacionalidade | Francia |
Alma máter | Universidade de Montpellier |
Ocupación | poeta, dramaturgo, médico e escritor |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Pau Albarèl, nado en Saint-André-de-Roquelongue (Aude) o 12 de decembro de 1873 e finado en Montpellier o 15 de xullo de 1929, foi un médico e escritor occitano.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Naceu nunha familia modesta, fillo de Alexandrina Albèrt e de Joan Albarèl, que era ferreiro[1]. Estudou na súa vila natal e ingresou no Seminario Menor de Narbona, onde fixo o bacharelato, e despois estudou Medicina na Universidade de Montpellier. Con 22 anos defendeu a súa tese, sobre a patoloxía do raquitismo, e despois comezou a exercer como médico.
Instalouse en Carcassonne, despois como médico de cabeceira en Nevian, onde casou con Lúcia Agèl o 24 de outubro de 1899. En 1909 estableceuse en Narbona, e fíxose membro da Comisión Arqueolóxica. Ao estoupar a primeira guerra mundial serviu como médico e foi enviado a Salónica.
Comezou a escribir en lingua occitana seguindo a influencia de Aquiles Mir. Usou os pseudónimos de Joan de la Ròca, Balin Balan, Joan de la Pineda, lo Bascalaire, lo Piuletaire e Jirmèn lo Vièlh entre outros. En 1911 fundou a revista La cigala narbonesa. Foi membro da Escola mondina e da Escola audenca. En 1918 converteuse en Maioral de felibrige.
Faleceu logo dunha operación médica.
Obra[editar | editar a fonte]
- L'esperit tustaire, farça en 2 actes (Tolosa, Bertomieu, 1903)
- Viva lo vin, farcejada en 1 acte, en vèrses narboneses (Tolosa, Bertomieu, 1904)
- Margarideta (comedia en tres actos; Tolosa, Bertomieu, 1905)
- Pastorala (1909)
- Los meses, rondèls (Narbona, 1909)
- Orionda, legenda narbonesa (Narbona, 1913)
- A la qu'espotiguèt Montfòrt (Narbona, 1913)
- Lo pauràs, scèna de vendémia (Narbona, 1913)
- La votz de la pineda (poesía, con prefacio de Valèri Bernard; Narbona, Calhard, 1914)
- Los ulhals de Montlaurés, legenda narbonesa (1921)
- Lo trauc de la fada (1922)
- La femna muda (comedia nun acto, Narbona, Brieu, 1922)
- La taca de familha (Narbona, Brieu, 1922)
- La lenga mairala (comedia nun acto; Narbona, Brieu, 1922)
- L'eiretatge (comedia nun acto; Narbona, Brieu, 1925)
- Pirèna, legenda poëtica (Narbona, Brieu, 1927)
- Las anguialas de la menina (Narbona, Brieu, 1927)
- Lo camin de la crotz (Narbona, Brieu, 1927)
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "Biografía de Pau Albarèl". Arquivado dende o orixinal o 13 de setembro de 2019. Consultado o 13 de febreiro de 2018.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
- La Cigala narbonesa, num. 138, agosto-outubro de 1929
- La Cigala lengadociana, num. 192
- Revista Lo Gai saber, outono de 1929
- Forièr, J.: A l'entorn del centenari de Pau Albarèl , id num. 376, outubro de 1974