Patrick Ssenjovu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPatrick Ssenjovu

Editar o valor em Wikidata
Biografía
NacementoKayunga (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióndirector de cinema , produtor de cinema , actor de cinema Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm1854145 Allocine: 474661 Allmovie: p431167 Editar o valor em Wikidata

Patrick Ssenjovu, nado en Kayunga, é un actor de cine e teatro ugandés. Tamén traballa como director e como produtor de cine.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Teatro[editar | editar a fonte]

Aos catorce anos Ssenjovu converteuse no membro máis novo de Impact International, un grupo de danza e teatro, facendo actuacións por toda Europa e os Estados Unidos, incluíndo Woza Albert!, unha obra de sátira política. Logo mudouse a Nova York, onde se converteu en membro da Great Jones Repertory Company e traballou con xente como Meredith Monk, Ellen Stewart, Ping Chong, Barish Seth e Robert Wilson. Ssenjovu actuou en lugares como La MaMa Experimental Theatre Club, o Lincoln Center, o Teatro de Ohio e a St. Anne's Warehouse, os catro con sede en Nova York e o New Jersey Performing Arts Center, localizado en Newark, Nova Jersey.

Filmes e videoxogos[editar | editar a fonte]

Ssenjovu apareceu como "Ibrahim Moshoeshoe" en Game 6 (2005), un drama dirixido por Michael Hoffman, e en The Interpreter (2005), un filme de suspense dirixido por Sydney Pollack.

Ademais, fixo da voz de "Outros personaxes" en X-Men Origins: Wolverine (2009), un videoxogo de acción.

Produción e dirección[editar | editar a fonte]

No 2009, Ssenjovu produciu e dirixiu Awaken, unha curtametraxe e drama.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]