Patrick Rothfuss
Patrick Rothfuss | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 6 de xuño de 1973 |
Lugar de nacemento | Madison |
Nacionalidade | Estados Unidos de América |
Alma máter | University of Wisconsin–Stevens Point e Universidade do Estado de Washington |
Ocupación | novelista, mestre e escritor |
Coñecido por | O nome do vento, The Wise Man's Fear e The Slow Regard of Silent Things |
Premios | David Gemmell Legend Awards e Quill Award |
Na rede | |
https://www.patrickrothfuss.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Patrick James Rothfuss, nado en Madison (Wisconsin) o 6 de xuño de 1973, é un escritor estadounidense de fantasía e profesor adxunto de literatura e filoloxía inglesa na Universidade de Wisconsin. É o autor da triloxía The Kingkiller Chronicle.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Matriculuse na Universidade de Wisconsin-Stevens Point onde inicialmente pretendía estudar enxeñaría química, pero cambiou de opinión para estudar psicoloxía clínica, adicándose durante tres anos a estudar calquera materia que atraía o seu interese [1]. Durante esta época comezou traballar nunha novela de fantasía extremadamente longa chamada The Song of Flame and Thunder. Tamén comnzou a escribir unha columna sobre a vida universitaria en de The Pointer, o periódico do campus. Graduouse en inglés no ano 1999. Tras completar The Song of Flame and Thunder, Rothfuss envía o traballo a varias editoriais, pero é rexeitada. No 2002 gaña o premio Writers of the Future con The Road to Levinshir, un extracto da súa novela. A continuación Rothfuss véndea a DAW Books [1]. The Song of Flame and Thunder divídese nunha serie de tres tomos á que se lle da o título de The Kingkiller Chronicle (Crónica do asasino de reis), publicándose o primeiro tomo, The Name of the Wind (O nome do vento), en abril de 2007. A novela gaña ese ano o Quill Award á mellor novela de fantasía/ciencia ficción, aparece na lista de best-séllers do The New York Times e Amazon selecciónao entre as súas dez «xoias ocultas» do 2007. The Wise Man's Fear (O temor dun home sabio), a continuación de The Name of the Wind, publícase en marzo do 2011 no mundo anglosaxón. Debutou a primeira semana do seu lanzamento no número 1 de The New York Times e no número 2 de The Times, e foi a recomendación do mes en Amazon. Actualmente, Rothfuss está a traballar na revisión da terceira entrega, provisionalmente titulada The Doors of Stone (As portas de pedra).
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 07 de xuño de 2015. Consultado o 06 de febreiro de 2013.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Bibliografía[editar | editar a fonte]
The Kingkiller Chronicle (Crónica do asasino de reis)[editar | editar a fonte]
- The Name of the Wind (O nome do vento) (abril de 2007)
- The Wise Man's Fear (O temor dun home sabio) (marzo de 2011)
- The Doors of Stone (As portas de pedra, título non definitivo)
Outras obras[editar | editar a fonte]
- The Road to Levinshir ("O camiño a Levinshir", extracto dun capítulo de The Wise Man's Fear, xullo 2008)
- The Adventures of the Princess and Mr. Whiffle ("As aventuras da princesa e o señor Fu", xullo 2010)
- Your Annotated, Illustrated College Survival Guide ("A túa guía de supervivencia universitaria anotada e ilustrada", recolle as columnas que escribiu no periódico do campus, 2005).