Patria Galega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Patria Galega
editar datos en Wikidata ]

Patria Galega foi un periódico editado na Habana entre 1941 e 1961.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Apareceu en decembro de 1941. Periódico mensual e bilingüe. Fundado e dirixido por Fuco Gómez e administrado primeiro por Cándido Navarro e despois por Ramón Vidal. Nos primeiros números aparece como Órgao ofizial do Juntoiro do mesmo nome. Tivo unha suspensión temporal de 1945 a 1948, cara 1955 hai algunhas mudanzas na redaccón e aparece Amalia Rivas (a muller de Fuco Gómez) como contadora; en 1960 aparece unicamente Fuco Gómez como director e Amalia Rivas como administradora, e pasou a subtitularse Voceiro da Galiza liídima. Entre os colaboradores figuraron José Vázquez Bedia, Pedro Martínez e algúns poetas latinoamericanos. Mantivo unha posición nacionalista. Con presenza da lingua galega. Destácanse as figuras de Rosalía de Castro e de José Martí. Desapareceu en decembro de 1961.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]