Enric Millo
Enric Millo | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 24 de novembro de 1960 |
Lugar de nacemento | Terrasa |
Nacionalidade | España |
Alma máter | Universidade Autónoma de Barcelona |
Ocupación | político, profesor universitario e economista |
Na rede | |
http://www.enricmillo.com/ | |
![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Josep Enric Millo i Rocher, nado en Terrasa en 1960, é un político español do Partido Popular de Cataluña, exmilitante de Unión Democrática de Cataluña. En novembro de 2016 foi nomeado delegado do Goberno en Cataluña.[1]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
É licenciado en Ciencias Económicas e Empresariais pola UAB. Profesor de Economía e Estruturas Organizativas á UPC (1987-1988), e da Escola Superior de Turismo (1987-1989). Exerceu como delegado territorial do Departamento de Traballo da Xeneralidade de Cataluña, en Xirona, entre 1991 e 1995.
Carreira política[editar | editar a fonte]
Millo, que iniciou a súa carreira política como dirixente de Unión Democrática de Cataluña, foi deputado do Parlamento de Cataluña na V, VI, VIII e IX lexislaturas.[2] Foi deputado no Parlamento por CiU entre 1995 e 2003, e chegou a ser voceiro adxunto do grupo parlamentario converxente entre 1999 e 2003.[2] Posteriormente, e cando ás eleccións catalás de 2003 o partido decidiu que non fose ningún de lista por Xirona, pasouse ao PP. Dende 2010 é voceiro do grupo parlamentario do PPC ao Parlamento.[2]
Foi membro do Comité Executivo do PPC, dende o 2004; secretario executivo de Comunicación Interna do PPC (2006); presidente do PPC de Xirona dende 2008; e vicesecretario de acción política e económica do PPC dende 2012.[3]
Foi o cabeza de lista do PP en Xirona para as eleccións ó Parlamento de Cataluña de 2010.[2]
Deputado por Xirona da XI lexislatura do Parlamento de Cataluña, en novembro de 2016 foi nomeado delegado do Goberno en Cataluña para substituír a María de los Llanos de Luna, tomando posesión o día 21.[4][5][6][7][8]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ A cara amable e máis catalanista do PP
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 Ferrer
- ↑ aragirona.cat
- ↑ "I. Sr. Josep Enric Millo i Rocher". Parlamento de Cataluña.
- ↑ "Enric Millo serà des d’avui el nou delegat del govern espanyol a Catalunya". RAC1.
- ↑ "Enric Millo, nuevo delegado del Gobierno en Catalunya".
- ↑ "Enric Millo quiere convertir la delegación del Gobierno en “la casa de todos los catalanes”".
- ↑ "Santamaría: “El futuro no es culpar a los demás, sino ser parte de la solución”". Arquivado dende o orixinal o 22 de novembro de 2016. Consultado o 24 de novembro de 2016.