Parque nacional de Hortobágy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parque Nacional do Hortobágy - a Puszta
Parque Nacional do Hortobágy - a Puszta en Hungría
Parque Nacional do Hortobágy - a Puszta
Parque Nacional do Hortobágy - a Puszta
localización do Parque Nacional do Hortobágy - a Puszta en Hungría.
Patrimonio da Humanidade - UNESCO
PaísHungría Hungría
TipoCultural
CriteriosIV, V
Inscrición1999 (23ª sesión)
Rexión da UNESCOEuropa e América do Norte
Identificador474rev

O Parque Nacional de Hortobágy atópase no leste de Hungría, no condado de Hadjú-Bihar.

Datos de interese[editar | editar a fonte]

O Parque Nacional creouse no 1973, protexendo 70000 hectáreas. Posteriormente no 1979, 55000 hectáreas deste parque foron declaradas Reserva da Biosfera.

Flora e fauna[editar | editar a fonte]

A paisaxe característica é a estepa, que en húngaro reciben o nome de puszta. As gramíneas son as especies predominantes. Nas zonas húmidas existe unha vexetación propia de tal hábitat, onde salientan as espadanas, o falso ambroíño ou a cana (Arundo donax). A fauna é a propia das estepas occidentais de Europa. Salientar o furón búlgaro (mustela eversmanni), a lebre, a avetarda, o paspallás, a gatafornela e o miñato mouro. Nas zonas húmidas atópanse anátidas e outras aves coma a cullereiro, a cegoña branca, a cegoña negra ou o grou.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]