Saltar ao contido

Parque nacional Sierra del Divisor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaParque nacional Sierra del Divisor
Imaxe
Tiponational park of Peru (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaSelva amazónica Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaDepartamento de Loreto, Perú e Departamento de Ucayali, Perú (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 7°16′31″S 74°04′25″O / -7.27528, -74.07361
Características
Categoría II da UICN: Parque Nacional
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 555544105 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación8 de novembro de 2015 Editar o valor en Wikidata

Sitio websernanp.gob.pe… Editar o valor en Wikidata

O Parque nacional Sierra del Divisor (Serra do Divisor en galego) atópase no Perú, nas provincias de Coronel Portillo, Ucayali e Requena.

Zonas protexidas da Serra do Divisor. En marrón, zona peruana, en verde zona brasileira.

Declarouse legalmente como parque nacional o 8 de novembro de 2015, mediante o decreto supremo 014-2015-MINAM, mais a declaración do parque foi o resultado dun proceso que comezara unha década atrás por parte de ecoloxistas, científicos e as poboacións locais. Xa no 1995, fora catalogada coma unha das zonas de protección prioritaria. No 2005, diversas organizacións ecoloxistas e conservacionistas coma The Nature Conservancy (TNC) ou ProNaturaleza, fixeron a petición formal para a declaración do parque nacional, baseándose en diversos estudos que confirmaban a importancia biolóxica e ambiental da zona. Ademais diversos pobos indíxenas, coma os huambisa, os shipibo-conibo, os matsés, os asháninka ou os isconahua involucráronse na campaña coma unha maneira de garantir os seus dereitos e defender as súas culturas e modos tradicionais de vida. Finalmente o presidente Ollanta Humala asinou o decreto formal, convertendo Sierra do Divisor, por aquel entón, no parque número 13 do Perú[1].

Características

[editar | editar a fonte]

O parque protexe unha superficie total de 1.354.485,10 hectáreas e atópase no leste do país, xunto a fronteira do Brasil. A zona caracterízase pola presenza de sistemas montañosos de consideración, algúns deles de orixe volcánica. Isto contrasta co resto da Amazonia, xeralmente moi plana. Existen diversas zonas de bosque tropical virxe e aquí nace un dos afluentes principais do río Amazonas, o río Ucayali. A importancia do parque vese incrementada, tendo en conta que a área limítrofe brasileira tamén está protexida baixo a figura do Parque nacional Serra do Divisor, dando lugar a unha zona natural protexida de varios millóns de hectáreas[1].

Medio Ambiente

[editar | editar a fonte]
Macho de mono uakari de cara vermella

Tense citado que preto de 3000 especies de plantas e animais, algúns únicos no mundo, viven nesta rexión[2]. Coma exemplo citar, o batará de Acre (Thamnophilus divisorius), ave endémica e cunha poboación que se estima reducida. Ademais de mamíferos coma o xaguar (Panthera onca), o armadillo xigante (Priodontes maximus) ou o tapir amazónico (Tapirus terrestris), os científicos pensan que a creación do parque axudará a protexer o hábitat de dous primates ameazados: o mono Uakari vermello (Cacajao calvus) e o mono de Goeldi (Callimico goeldii)[1].

Ademais o parque é un importante sumidoiro de CO2, contribuíndo na loita contra o quecemento global[1].

Coma noutras zonas tropicais do planeta, a acción do home pode ter efectos negativos no parque. Así, diversos colectivos teñen alertado contra a deforestación por mor da construción de infraestruturas ou vivendas. Outros perigos son a agricultura, especialmente adicada o cultivo da coca, ou a minería[1]. Estas actividades poñen en risco moitas das comunidades locais da zona e os seus xeitos de vida. A serra do Divisor alberga preto de 20 comunidades indíxenas que dependen directamente dos recursos naturais da zona. Ademais, parte destes grupos teñen declarado a súa vontade de vivir illados respecto ó resto do mundo[1].

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Morgan Erickson-Davis & Apoorva Joshi. "‘A critical gift’: Peru rejoices as a new national park is born". Consultado o 6 de agosto de 2016. 
  2. Artigo no portal web Seeker.com. "Peru Creates Huge National Park in Amazon Basin". Consultado o 6 de agosto de 2016. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]