Parque Natural de Montserrat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 41°35′52″N 1°48′53″L / 41.59778, -1.81472

Montserrat
Parc Natural de la Muntanya de Montserrat.svg
Montserrat mountain.jpg
Marco Legal
Figura de Protección: Parque natural
Ano de constitución: 1.987
Superficie: 3.630 ha
Lexislación: Decret 59/87, 29 xaneiro (DOGC 812, 06-03-87))
Datos de interese
País: España España
Provincias: Flag of Barcelona.svg Barcelona
Concellos: El Bruc, Marganell, Monistrol de Montserrat, Castellbell i el Vilar,Collbató, Esparreguera, Vacarisses
Ríos:
Picos Sant Jeroni (1236m) e o Coll de Migdia(1220m)
Direccións de interese: Oficina de Turisme de Montserrat, pl. de la Creu, s/n, Monestir de Montserrat
Teléfonos: 93 835 02 51

O Parque Natural de Montserrat atópase en Cataluña, na provincia de Barcelona, distribuído entre as comarcas do Anoia, Bages, o Vallès Occidental e o Baix Llobregat. Foi constituído coma Parque natural no 1987 para protexer un contorno natural e patrimonio privilexiados e unha das montañas con máis simboloxía para os cataláns.

Historia[editar | editar a fonte]

O conxunto de valores da montaña de Montserrat son tanto patrimoniais coma xeolóxicos e naturais. Estes últimos aínda son salientables a pesar dos incendios acontecidos do 16 ó 20 de agosto do 1986 e do 4 de xullo de 1994. Estes valores foran a causa da creación, no ano 1950, do Padroado da montaña de Montserrat. Mais a protección vai ser realmente efectiva a partir do decreto do 29 de xaneiro de 1987 e da lei do 10 de xullo de 1989 que conformarían a figura legal de Parque natural.

Morfoloxía[editar | editar a fonte]

O macizo de Montserrat pertence á Cordilleira Prelitoral Catalá que se estende entre as depresións Central e Prelitoral de Cataluña. O macizo ten 10 km de lonxitude aínda que o seu perímetro total chega ós 25 km. A súa altitude máxima é o pico Sant Jeroni con 1236 metros, mentres que o Coll de Migdia chega ós 1220 metros. Os conglomerados de Montserrat teñen un compoñente calcáreo moi elevado que levaría a pensar na existencia de numerosas formacións cársticas. Porén estas non son moi abondosas, e só algunhas teñen interese para a espeleoloxía. Podemos salientar a cova de Collbató ou de Salnitre. Iluminada pola luz eléctrica no 1930, é probablemente a máis famosa e importante de toda Cataluña, sendo un importante foco de atracción turística.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Sen dúbida o elemento arquitectónico predominante no Parque natural é o Mosteiro de Santa María de Montserrat. Centro de peregrinación e un dos máis coñecidos para os católicos. A súa orixe remóntase ó século IX coa presenza dunha primeira ermida, porén a actual fisionomía data do século XVI e de influencia renacentista. Posteriormente, e debido ás destrucións ocasionadas polas invasións napoleónicas no 1811, as restauracións feitas engadiron mostras do Modernismo arquitectónico. Hoxe en día, aínda que importante foco relixioso, tamén constitúe un punto de atracción turística.

Vexetación[editar | editar a fonte]

A pesar da súa aparencia desértica e rochosa, a vexetación é moi abondosa, especialmente nas canles e pequenas planicies que se poden atopar na súa superficie. Cun clima plenamente mediterráneo o predomino da aciñeira fai que o sotobosque sexa algo máis húmido, posibilitando a existencia dunha capa arbustiva rica e complexa. Por detrás das aciñeiras en abundancia, tamén se atopan poboacións reducidas de fragas de folla caduca (con carballos ou avelaneiras) ou de piñeiro branco, favorecido este último pola ma do home. Coma endemismo temos a coroa da raíña (Saxifraga callosa, ssp catalaunica) que só se atopa en Montserrat e no Parque Natural de Sant Llorenç de Munt i l'Obac.

Fauna[editar | editar a fonte]

Debido a forte influencia humana as grandes especies teñen desaparecido do Parque. Só nos últimos anos tense reintroducido con éxito a cabra salvaxe, mais aínda existen poboacións de xabaril, esquío, xeneta. En canto os réptiles podemos atopar a serpe verde ou o a víbora fociñuda como os de maior entidade. Entre as aves existe importantes poboacións de aves rupícolas, tales coma o andoriñón real, a andoriña dos penedos ou o gabeador vermello.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Parcs naturals de Catalunya, Francesc Gurri Serra, Generalitat de Catalunya, Editorial 92 SA, Octubre 1997. (en catalán)

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]