Parque Nacional do Circeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O Parque Nacional de Circeo sitúase en Italia, na costa oeste do país, xunto ó Mar Tirreno. Foi fundado no 1934. Consta dun total de 8 400 hectáreas.

Orografía[editar | editar a fonte]

Imaxe do parque

Situado na costa, a paisaxe predominante son os areais, as zonas húmidas e as forestas mediterráneas. Non existen elevacións de consideración, non sendo o Monte Circeo, promontorio que se eleva 510 m sobre o Tirreno e dá nome ao parque. A vexetación predominante son as aciñeiras, os érbedos e as palmeiras ananas

Fauna[editar | editar a fonte]

Gran presenza de aves ligadas a auga: coma anátidas e limícolas. Tamén é salientábel a gran variedade de réptiles mediterráneos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]