Parque Nacional Oulanka

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Parque Nacional Oulanka.

O Parque nacional Oulanka atópase no centro de Finlandia, nas rexións de Lapin Lääni e Oulun Lääni.

Características[editar | editar a fonte]

O hábitat predominante é a Taiga. Conta cunha superficie protexida de 20.100 hectáreas e foi fundado en 1.956.

Vexetación e fauna[editar | editar a fonte]

Extensas superficies de bosque formadas por abetos, piñeiros e bidueiros. Existen importantes poboacións da orquídea (Cypripedium calceolus). Existen poboacións de oso pardo, lobo, glutón e alce. Entre as aves cómpre salientar o ferreiriño da Laponia e o pimpín real.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]