Parque Nacional Muddus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mapa.

O Parque nacional Muddus atópase no norte de Suecia, na rexión de Norrbotterns Län.

Características[editar | editar a fonte]

O hábitat predominante é a Taiga boreal. Existen zonas de bosque antigo moi ben conservadas. Nelas habitan importantes poboacións de alce e de pita do monte. O parque foi creado en 1942 e protexe unha superficie de 49.300 hectáreas.

Vexetación e fauna[editar | editar a fonte]

Ademais das especies arbóreas típicas deste ambiente coma o bidueiro pubescente (subespecie tortuosa) e o piñeiro rubio, tamén atopamos o álamo tremo e o salgueiro cinsento. O estrato arbustivo tamén é importante, con diversas especies de liques e fentos. Ademais do alce, tamén se atopa o lince común e o oso pardo.Importante presenza de aves de presa, coma a avelaiona dos Urais, a curuxa gabián e o moucho de Tengmalm. Ademais o cisne bravo tamén cría no parque.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]