Saltar ao contido

Moucho rabilongo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Curuxa gabián»)
Moucho rabilongo
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Strigiformes
Familia: Strigidae
Xénero: Surnia
Duméril, 1805
Especie: S. ulula
Nome binomial
'Surnia ulula'
(Linnaeus, 1758
Range of S. ulula )
Range of S. ulula )

Range of S. ulula )
Surnia ulula ulula

O moucho rabilongo[2] (Surnia ulula) é unha especie de ave de rapina da orde das Estrixiformes.

Morfoloxía

[editar | editar a fonte]

Estríxida de tamaño mediano. Plumaxe moi barrado no dorso. O ventre é raiado, similar ó gabián eurasiático. Na cara salientan dúas liñas negras verticais características. Ambos sexos son idénticos. Estritamente nocturna e crepuscular.

Reprodución

[editar | editar a fonte]

Cría en ocos de árbores ou aproveita niños abandonados doutras aves de presa. A posta costa entre 3 e 13 ovos, permanecendo os xuvenís 30 días no niño.

Nutrición

[editar | editar a fonte]

Sobre todo lemmings, musarañas e outros roedores. Tamén aves de pequeno tamaño.

Distribución

[editar | editar a fonte]

Dende Escandinavia ata a península de Kamchatka.

  1. BirdLife International (2012). "Surnia ulula". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013. 
  2. "Denominación das aves". Real Academia Galega. Consultado o 2024-12-06. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Nicolai, Jürgen (1995). Everest, ed. Aves rapaces diurnas y nocturnas : identificar, clasificar y proteger las aves rapaces de Europa. Madrid. p. 157.  (en castelán)