Parque Nacional Ala Archa
| (ky) Ала-Арча | ||||
| Tipo | state nature national park of Kyrgyzstan (en) parque nacional | |||
|---|---|---|---|---|
| Epónimo | Ala-Arça | |||
| Parte de | Tian Shan | |||
| Situado na entidade xeográfica | Kyrgyz Alatau (en) | |||
| Localización | ||||
| División administrativa | Rexión de Chuy, Kirguizistán | |||
| ||||
| Bañado por | Ala-Arça | |||
| Características | ||||
| Punto máis alto | Pik Semionova Tien-Shanskogo (en) | |||
| Superficie | 194 km² | |||
| Categoría II da UICN: Parque Nacional | ||||
| World Database on Protected Areas | ||||
| Identificador | ||||
| Historia | ||||
| Data de creación ou fundación | 29 de abril de 1976 | |||
| Sitio web | alaarchapark.kg | |||
O Parque Nacional Ala Archa é un espazo protexido alpino nas montañas de Tian Shan de Kirguizistán, foi establecido en 1962 e fixa a uns 40 km ao sur de Bixkek. O parque, que inclúe o desfiladeiro do río Ala-Archa e as montañas que o rodean, é un destino popular para excursionistas, sendeiristas, esquiadores, así como os alpinistas que pesquisan retos de xeo e rochas. O parque cobre uns 200 quilómetros cadrados, e a súa altitude varía duns 1500 metros á entrada, a un máximo de 4895 metros no Pico de Semenova Tian-Shanski, o pico máis alto da cordilleira Ala Tau do Tian Shan. Hai máis de 20 glaciares e uns 50 picos de montaña no parque. Amais dous ríos máis pequenos, o Adygene e o Ak-Sai.[1][2]
En lingua kirguiz, o Archa (Арча), que dá nome ao parque, é un cimbro brillante ou de moitas cores de moita tradición en Kirguizistán, que usando o fume da queima de madeira, os kirguiz escorrentan aos malos espíritos. Malia iso, o archa non se planta preto da casa, porque se cre que mina a enerxía dos poboadores que viven preto do lugar.
Fauna
[editar | editar a fonte]O terreo difícil e a ampla diversidade da vexetación causa unha gran variedade de vida salvaxe. Especialmente rica en composición de especias de aves. No territorio do Parque natural habitan 40 especies de mamíferos e máis de 163 especies de aves.[3] Entre os mamíferos atópanse a cabra montesa, o leopardo das neves, o xabaril, o teixugo, o lobo e a marmota.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Río Ala Archa
- Parque Nacional Ala Archa
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ GeoView (ed.). "Ak-Sai" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2016.
- ↑ GeoView (ed.). "Adygene River" (en inglés). Consultado o 30 de xuño de 2016.
- ↑ "Фауна" (en ruso). Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2016. Consultado o 30 de xuño de 2016.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Parque Nacional Ala Archa |
| A Galipedia ten un portal sobre: Kirguizistán |

