Parque Nacional Abisko

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lapporten no Parque Nacional Abisko.

O Parque nacional Abisko atópase no norte de Suecia, na rexión de Norrbotterns Län.

Características[editar | editar a fonte]

O hábitat predominante é a tundra. Nas zonas máis temperadas existen masas boscosas de coníferas. O parque foi creado en 1909 e protexe unha superficie de 7.700 hectáreas.

Vexetación e fauna[editar | editar a fonte]

As especies arbóreas predominantes son o bidueiro pubescente (subespecie tortuosa) e o piñeiro rubio. No delta do río Abiskojakka é moi interesante a presenza de aves. Na época de cría (maio a xullo) o acceso está restrinxido. As aves máis salientables son a escribenta das neves, a Calcarius lapponicus e o papoazul. Entre os mamíferos salientan os lemmings, o alce e ocasionalmente o raposo ártico.

Vésaxe tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns de interese[editar | editar a fonte]