Parador de Santo Estevo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.

O Parador de Santo Estevo é un Parador xestionado pola rede estatal de Paradores, que ocupa un antigo mosteiro beneditino en Nogueira de Ramuín, Ourense, na Ribeira Sacra.

O Mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, de tres claustros, é, xunto cos de Celanova e Oseira, un dos cenobios máis importantes de Ourense e até de Galicia.

Edificado nunha terra de eremitas, a Ribeira Sacra a súa orixe remóntase ao século VI e está relacionado con Martiño de Dumio, o "Apóstolo dos suevos".[1]

Foi declarado Monumento Histórico Artístico Nacional en 1923.

Historia[editar | editar a fonte]

Claustro vello do Mosteiro.

O ano 921 o rei Ordoño II cédeo ao abade Franquila, que o restaura e inicia unha etapa de esplendor. A fama de observancia relixiosa de Santo Estevo traspasou fronteiras e chegou a ser tan grande que nove bispos santos, que tiveron que abandonar as súas sedes a causa da invasión musulmá, elixírono para retirarse nel durante os séculos X e XI. Este feito fixo do mosteiro lugar de peregrinación, ao que acudían os fieis en busca dun milagre, que pedían aos bispos santos alí xacentes, ante o cofre de prata que contiña os seus aneis. Na súa honra construíuse no século XIII o Claustro dos Bispos, o máis antigo do cenobio.

No século XVI iníciase un proceso de transformación que culmina coa construción dos dous claustros renacentistas. O mosteiro pasa a ter un Colexio de Artes no que, até o século XIX, se formaron moitos monxes, entre eles o padre Feixoo.

A desamortización de Mendizábal, en 1835, supuxo o fin da vida monacal de Santo Estevo e acabou co seu esplendor. O mosteiro pasou a mans do Estado un ano despois.

En 1988, a iniciativa de Aurelio Miras Portugal, e de acordo co bispo de Ourense monseñor Carlos Osoro, acometeuse pola Xunta de Galicia a súa rehabilitación integral para uso hostaleiro, con proxecto do arquitecto Alfredo Freixedo Alemparte. En 2004, mediante un convenio, o Estado Español instala nel un Parador de Turismo para a dinamización turística da Ribeira Sacra.[2]

Coa inauguración do Parador de Santo Estevo comezou a posta en marcha do conxunto dos Paradores museo que xestiona a empresa Paradores Nacionais de Turismo, e que foi seguida polo Parador de Santiago e, despois, polos de Granada, Oropesa (Toledo), Cardona (Barcelona), Úbeda (Xaén) e León, até o momento actual.[3]

Informacións do Parador[editar | editar a fonte]

Servizos xerais[editar | editar a fonte]

  • Aire acondicionado
  • Bar
  • Calefacción
  • Cambio de moeda
  • Garaxe
  • Restaurante
  • Salóns de conferencias e reunións

Nota: Non se admiten animais

Cuartos[editar | editar a fonte]

  • Caixa forte
  • Cuartos con salón: 1
  • Cuartos duplos con dúas camas : 50
  • Cuartos duplos con cama de matrimonio: 25
  • Cuartos individuais: 1
  • Minibar
  • Teléfono
  • Televisión
  • Prazas totais: 153

Lecer e relax[editar | editar a fonte]

  • Spa

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Santo Estevo de Ribas de Sil Arquivado 25 de agosto de 2013 en Wayback Machine. (en castelán) Consultada o 5/2/2012.
  2. Parador. Museo. Santo Estevo de Ribas de Sil Arquivado 25 de agosto de 2013 en Wayback Machine. (en castelán) Consultada o 5/2/2012.
  3. Parador. Museo Arquivado 24 de xaneiro de 2012 en Wayback Machine. (en castelán) Consultada o 5/2/2012.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]