Macaón
| Macaón | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Papilio machaon Carl von Linné 1758 | |||||||||||
|
Instancia de
| |||||||||||
|
Epónimo
| |||||||||||
|
Categoría taxonómica
| |||||||||||
|
Taxon superior
| |||||||||||
|
Nome curto
| |||||||||||
|
Sinonimia
| |||||||||||
| Distribución | |||||||||||
|
Hóspede
Daucus carota
Selinum dawsonii Tamarix tenuissima Cryptotaenia canadensis Cicuta Angelica decursiva Haplophyllum pedicellatum Ruda de montaña Poncirus trifoliata Artemisia norvegica Ruda Haplophyllum acutifolium Heracleum sphondylium estragón Phellodendron amurense Zanthoxylum schinifolium Ducrosia anethifolia Daucus Haplophyllum tuberculatum Peucedanum multivittatum Seseli libanotis Cosmos bipinnatus Angelica polymorpha Aegopodium podagraria Angelica ursina Ammi majus Angelica japonica Pimpinella saxifraga apio Angelica gmelinii Coandro Conioselinum Fiúncho Levisticum officinale Heracleum maximum Charouvía Cicuta virosa Angelica keiskei Anxélica brava Artemisia arctica Peucedanum palustre Angelica genuflexa Angelica pubescens Petasites frigidus Tilingia ajanensis Peucedanum litorale Petasites Ruta angustifolia Angelica morii Thamnosma Ligusticum scothicum Carvea Angelica hirsutiflora cítrico Angelica morrisonicola Peucedanum formosanum Zizia aptera | |||||||||||
| Clasificación taxonómica | |||||||||||
| Reino | Animalia | ||||||||||
| Filo | Arthropoda | ||||||||||
| Clase | Insecta | ||||||||||
| Orde | Lepidoptera | ||||||||||
| Familia | Papilionidae | ||||||||||
| Xénero | Papilio | ||||||||||
| Especie | P. machaon | ||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata G:Commons C:Commons | |||||||||||
O macaón (Papilio machaon), tamén coñecida como cola de andoriña,[1] galo[2] ou voíña[3], é unha das bolboretas máis comúns de Europa. Así a todo, non se encontra en Irlanda; en Inglaterra, a súa existencia limítase á rexión de Norfolk; na Europa temperada hai zonas nas cales se pode localizar con facilidade; pero este insecto tende a desaparecer dende hai algunhas ducias de anos [Cómpre referencia]. Polo contrario, multiplícase no norte de África, nalgunhas rexións de Europa, na zona temperada de Asia cara ó Himalaia, en distintas partes de América do Norte e por último no Xapón.
O seu hábitat comprende dende o nivel do mar ata os 2.000 metros, en prados e zonas floreadas.
O Papilio machaon ten entre 32 e 56 mm de envergadura e caracterízase polas prolongacións que posúe nas ás posteriores. O seu voo pode apreciarse en climas máis setentrionais unha vez ó ano, dúas veces (abril-maio) e (xullo-agosto) en climas temperados e ata tres veces en lugares máis cálidos coma o sur da Península Ibérica e o norte de África.
-
♂
-
♂ △
-
♀
Esta bolboreta foi descrita moi acotío, con subespecies e as súas formas distintas en función da súa pertenza xeográfica. En Europa continental pódese encontrar P. gorganus; en Inglaterra, P. britannicus; en América do Norte, P. aliaska e dúas das súas subespecies.
A eiruga do Papilio machaon é moi rechamante e, se é irritada, pode facer saír polo seu extremo anterior un órgano de defensa glandular de cor laranxa chamado osmaterium. A crisálide é xeralmente de cor verde ou gris parda.
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]- Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de eirugas de Galicia
-
Eirugas do Papilio machaon en Bélxica.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cola de andoriña e macaón son os nomes recomendados polo Servizo de Normalización Lingüística da USC
- ↑ Eliseo Higinio Fernández Vidal (1991), Excma. Diputación de A Coruña. Guia de las mariposas diurnas de Galicia, ISBN 84-86040-57-4, páx. 69.
- ↑ Marcial Valladares Núñez (1884): Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar.
| Commons ten máis contidos multimedia sobre: Macaón |