Palpo
En zooloxía denomínanse palpos a diferentes órganos sensoriais presentes en diversos grupos de invertebrados.
Artrópodos
[editar | editar a fonte]Os palpos son apéndices sensoriais dos artrópodos.
Insectos
[editar | editar a fonte]Nos insectos serven para examinar os alimentos. Están situados na armadura bucal, no lateral externo das maxilas (palpos maxilares)[1] e no labio (palpos labiais).[2]
Quielicerados
[editar | editar a fonte]Nos arácnidos existen uns apéndices análogos denominados pedipalpos, que son o segundo par de apéndices do prosoma (cefalotórax).
Nos picnogónidos denomínase palpo sensitivo a cada un dos membros do segundo par de apéndices destes animais, constituídos por até dez artellos, situados a continuación dos quelíceros (cando existen), na base da probóscide ou trompa, e que teñen función táctil.[3]
Moluscos bivalvos
[editar | editar a fonte]No moluscos bivalvos chámase palpo labial a cada unha das dobras ou lóbulos móveis en forma de aba que flanquean internamente a boca dos protobranquios, e que realizan, grazas aos cilios da súa superfici, a selección das partículas alimenticias introducidas na cavidade paleal pola probócide.[4]
Poliquetos
[editar | editar a fonte]Nos vermes anélidos poliquetos, os palpos son cada un dos dous apéndices laterais, curtos, grosos e de forma cónica, dirixidos cara a adiante, situados no prostomio, e que posúen numerosos órganos táctiles.[5]
No caso particular da familia dos espiónidos, denomínanse palpos cada un dos dous longos apéndices musculosos derivados do prostomio, derivados do prostomio e dirixidos cara a adiante, que semellan tentáculos e cos que o verme captura as partículas alimenticias.[5]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ palpo maxilar (Arthropoda:Insecta) en Garrido, Carlos (1997).
- ↑ palpo labial (Arthropoda:Insecta) en Garrido, Carlos (1997).
- ↑ palpo (sensitivo), en Garrido, Carlos (1997).
- ↑ palpo labial (Molluisca:Bivalvia) en Garrido, Carlos (1997).
- ↑ 5,0 5,1 palpo (Annelida:Poltychaeta) en Garrido, Carlos (1997).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Garrido, Carlos (1997): Dicionário terminológico quadrilíngue de zoologia dos invertebrados. A Corunha: Associaçom Galega da Língua. ISBN 84-8730-512-1.