Labio (artrópodos)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Adaptacións das pezas bucais dos insectos.
lr (vermello): labro, md (verde): mandíbulas, mx (amarelo): maxilas, lb (azul): labio.

O labio, tamén chamado labio inferior ou labium (esta última voz do latín científico) é a máis posterior das pezas bucais dos insectos e algúns miriápodos (sínfilos). Sitúase tras das maxilas e representa o chan da boca.

Usualmente leva un par de pequenos apéndices chamados palpos labiais (estruturas diferentes das de igual nome nos moluscos bivalvos).

O labio é unha peza impar resultado da fusión de dous apéndices, o segundo par de maxilas. Comprende as seguintes partes:

  • Mento (ou mentum). Parte basal que conecta o labio coa cápsula cefálica.
  • Hipofarinxe. Parte dorsal.
  • Paraglosas. Parte apical.
  • Palpos labiais. Proxecciónes laterais formadas por varios artellos.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.