Probóscide

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
A trompa dos elefantes é unha probóscide.

A probóscide[1] é un apéndice alongado e tubular situado na cabeza dun animal.

Usos[editar | editar a fonte]

O seu uso máis común é para comer e absorber, como é o caso de certos invertebrados como as bolboretas (nas que se chama espiritrompa), as frigáneas (haustelo), nalgúns vermes, etc.

A trompa dos elefantes (os proboscídeos), os tapires e os dalgúns simios, como o Nasalis larvatus (mono narigudo), tamén é chamada ás veces probóscide.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O termo probóscide procede da palabra latina proboscis, que é unha latinización da palabra do grego antigo προβοσκίς proboskis "trompa" (e tamén "tentáculo" dos cefalópodos),[2] a cal é o resultado de combinar o prefixo προ- pro- (derivado de πρό pró, "antes, diante"),[3] e o verbo βόσκω bóskō, "alimentar, nutrir".[4][5]

Ornithoptera priamus, coa súa longa probóscide.

O acusativo latino é proboscidem, sendo este a orixe da palabra en galego.[6]

Nos invertebrados[editar | editar a fonte]

Probóscide é un termo que adoita empregarse para referirse maioritariamente ao prolongamento do aparato bucal dalgúns invertebrados (especialmente nos artrópodos) en contraposición á palabra trompa, usada como sinónimo de probóscide nos vertebrados.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para probóscide.
  2. προβοσκίς, Henry George Liddell, Robert S, A Greek-English Lexicon, on Perseus Digital Library
  3. πρό, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, en Perseus Digital Library.
  4. βόσκω, Henry George Liddell, Robert Scott, A Greek-English Lexicon, en Perseus Digital Library.
  5. "Online Etymology Dictionary". Etymonline.com. Consultado o 12-12-2016. 
  6. PROBÓSCIDE no Gran Dicionario Xerais da lingua, Vigo, Xerais, 2009, volume II, ISBN 978-89-9914-072-8.