Abadía de Saint-Remi
Tipo | museo | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Reims, Francia | |||
Localización | Abadia de Saint-Remi (pt) | |||
| ||||
Actividade | ||||
Visitantes anuais | 33.440 (2014) | |||
Premios | musée de France (en) | |||
Sitio web | musees-reims.fr… | |||
O Museo Saint-Remi é un museo de arqueoloxía e museo de arte en Reims, Francia. O museo atópase na antiga Abadía de Saint-Remi, fundada no século VI e que gardaba desde 1099 as reliquias de San Remixio (o bispo de Reims que converteu ao rei franco Clodoveo I ao cristianismo no 496). A Basílica de Saint-Remi, adxacente a ela e consagrada en 1049, foi a súa igrexa abacial. Ambos edificios están catalogados como parte dun Patrimonio da Humanidade da UNESCO desde 1991 debido á súa arquitectura e importancia sobresaliente na monarquía francesa primitiva.[1]
Edificio
[editar | editar a fonte]Os escuros[2] orixes da gran abadía de Reims atópase nunha pequena capela do século VI dedicada a San Cristovo. O éxito da abadía baseouse na adquisición das reliquias de San Remi no 553, posteriormente chegáronlle agasallos de piadosos doadores. No século IX a abadía posuía uns 700 dominios e quizais era a máis ricamente dotada de Francia. Parece probable que os sacerdotes seculares fosen os primeiros gardiáns das reliquias, pero foron sucedidos polos beneditinos. Desde o 780 ata o 945 os arcebispos de Reims serviron como seus abades. Na abadía Carlomagno recibiu ao Papa León III.
En 1005 o abade Aviard comprometeuse a reconstruír a igrexa de St-Remy, e durante vinte anos a obra continuou ininterrompidamente antes de que a bóveda se derrubara, sen dúbida por un contraforte insuficiente. O abade Teodorico erixiu a magnífica basílica que sobrevive e que o papa León IX consagrou en 1049 e á que concedeu moitos privilexios. A biblioteca da abadía e as súas escolas tiñan unha reputación tan alta que o papa Alexandre III escribiu unha carta de eloxio ao abade Pedro, que sobrevive.
Os anos de arredor de 1170 a 1180 trouxeron novas reconstrucións, esta vez para o coro. O propósito de substituír a curta sección oriental da igrexa románica foi crear un interior máis grande e espazos para o santuario de San Remy. O santuario separouse da súa localización anterior, xunto ao altar, e trasladouse máis ao leste.[3]
Entre os ilustres abades posteriores, todos procedentes da alta nobreza, pódense citar: Henri de Lorraine (1622–1641), quen afiliou a abadía á Congregación de San Mauro, Jacques-Nicolas Colbert (1665), máis tarde arcebispo de Rouen, Charles Maurice Le Tellier (1680–1710), e Joseph de Rochechouart, nomeado abade polo rei en 1745.
Moitos obxectos valiosos da abadía foron saqueados no período da Revolución Francesa e a Santa Ampola da coroación dos reis de Francia gardada na abadía foi destruída en 1793, pero as vidreiras do século XII permanecen.
A abadía de Saint-Remi, xunto coa próxima catedral de Notre-Dame de Reims e o Palacio de Tau, convertéronse en Patrimonio da Humanidade da UNESCO en 1991.[1]
Coleccións
[editar | editar a fonte]O museo contén tapices do século XVI doados polo arcebispo Robert de Lenoncourt (tío do cardeal do mesmo nome), capiteis de mármore do século IV d.C., mobles, xoias, cerámica, armas e vidro dos séculos VI a VIII, escultura medieval, a fachada da Casa dos Músicos do século XIII, restos dun edificio abacial anterior, e tamén exposicións de artes e oficios galorromanas e unha sala de cerámica, xoiería e armas da civilización gala, así como unha exposición de elementos dende o Paleolítico ata o Neolítico. Outra sección do museo presenta unha exposición militar permanente.
Notas
[editar | editar a fonte]- Referencias
- ↑ 1,0 1,1 "Cathedral of Notre-Dame, Former Abbey of Saint-Rémi and Palace of Tau, Reims". UNESCO World Heritage Centre. United Nations Educational, Scientific, and Cultural Organization. Consultado o 17 de outubro de 2021.
- ↑ Catholic Encyclopedia, 1911, s.v. "Abbey of Saint Remy"
- ↑ Wilson 2008, p.60, 62
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Abadía de Saint-Remi |