Tau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Maiúscula e minúscula da letra tau.

Tau é a décimo novena letra do alfabeto grego (ταῦ); equivale ao /t/. Minúscula τ, maiúscula Τ. Adoita transcribirse como t. Provén da letra do alfabeto fenicio tāw Phoenician taw.svg. Como signo numérico representaba o trescentos. En maiúscula serve tamén para designar o décimo noveno canto da Ilíada de Homero e en minúscula o décimo noveno da Odisea.

Véxase tamén:[editar | editar a fonte]