Palacio da Aljafería
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Palacio da Aljafería | |
---|---|
Vista frontal do Palacio da Aljafería | |
Coordenadas | 41°39′23″N 0°53′49″O / 41.65649, -0.89708 |
[ editar datos en Wikidata ] |
O Palacio da Aljafería está situado na cidade de Zaragoza e foi declarado monumento nacional de interese histórico-artístico o 4 de xuño de 1931. Aínda así o seu estado de conservación era deplorable ata que no 1947 o arquitecto Francisco Iñiguez Almech, liderou os traballos de rehabilitación que posteriormente foi continuada polos arquitectos Ángel Pero Padre Muniesa, Luis Franco Lahoz e Mariano Pemán Gavín. O resultado destas rehabilitacións xunto con diversas escavacións arqueolóxicas deu lugar á aparencia que hoxe en día presenta o edificio. Ademais hai que engadir as instalación das Cortes de Aragón comezadas no 1985 e dirixidas polos arquitectos Franco e Pemán. Esta ampliación levouse a cabo tendo en conta as tendencias estéticas predominantes na arquitectura moderna, diferenciándose, deste xeito do resto das partes do palacio. O ano 2001, a UNESCO declarou patrimonio da humanidade a arte mudéxar de Aragón,[1] sendo o Palacio da Aljafería, un dos monumentos máis representativos e emblemáticos deste estilo.
O palacio islámico
[editar | editar a fonte]Conserva parte do seu antigo recinto amurallado, de base cuadrangular, reforzado por grandes torres semicirculares, as cales hai que engadir a Torre do Trobador, cunha zona inferior, do século IX. Sendo esta o resto arquitectónico máis antigo do conxunto.
Este recinto contén na súa parte central construción residenciais que seguen o modelo típico dun palacio islámico de influencia omeia, tal e como se tiñan desenvolvido os palacios musulmáns do deserto, que se remontaban ó século VIII.
Polo tanto temos por unha banda o espírito defensivo das murallas e polo outro o palacio taifal considerado de gran beleza polos seus ornamentos e a súa estrutura. Este está formado por un gran patio rectangular a ceo aberto e cunha alberca no seu lado sur. Tamén contan con dous pórticos laterais, con arcadas mixtilíneas e polilobuladas que actúan como se foran pantallas visuais. Adicionalmente temos as estancias tripartitas que nas súas orixes estaban destinadas para uso cerimonial e privado.
Ademais no pórtico norte atópase un pequeno oratorio ou mihrab, de base octogonal e de reducidas dimensións cunha gran decoración de xeso con fragmentos pictóricos, de tons vivos e contrastados de grande interese.
Todos estes logros artísticos correspóndense coas obras realizadas na segunda metade do século XI baixo o mando do rei Abu-Ya far Ah-mad ibn Hud al-Muqtadir. Este palacio supón unha das obras cumio da arte musulmá na Península Ibérica que foron tomadas coma modelo posteriormente no Reais Alcázares de Sevilla ou na Alhambra de Granada.
O palacio cristián medieval
[editar | editar a fonte]Trala reconquista de Zaragoza por Afonso I no ano 1118, o palacio converteuse na residencia dos monarcas aragoneses, que impulsaron diversas obras de ampliación e acondicionamento.
Así durante este período (séculos XII-XIV) pódese citar a orixe da igrexa de San Martiño, da capela de San Xurxo (hoxe desaparecida), a arquería oeste e sobre todo as salas do palacio mudéxar do rei Pedro IV, coroadas por uns alfarxes, hoxe restaurados.
O palacio dos Reis Católicos
[editar | editar a fonte]Foi erixido sobre a estrutura musulmá o redor do 1492 co fin de simbolizar o prestixio dos monarcas cristiáns. Porén a dirección das obras foi encargada ó mestre mudéxar Faraig de Gali e nelas fúndese elementos medievais con outros máis novidosos propios do Renacemento. Esta nova estrutura consta dunha escalinata, unha galería e un conxunto de salas, denominadas “dos Pasos Perdidos” que teñen o seu punto álxido no Salón do Trono. Salientar os teitos de madeira dourada e policromada e o artesanado do Salón do Trono.
Reformas e ampliacións: Época moderna e contemporánea
[editar | editar a fonte]A partir de 1593 e por orde do rei Filipe II, o enxeñeiro sienés Tiburcio Spanochi deseñou os planos para transformar o palacio nun forte “á moderna”. Desta maneira dotouse dun novo recinto amurallado exterior con baluartes pentagonais nas esquinas e un novo foso. Porén o que realmente se pretendía foi poñer de manifesto o poder real fronte as reivindicacións forais dos aragoneses e posibles revoltas en Zaragoza. Tras estes cambios, o carácter militar do palacio ampliouse durante os séculos XVIII e XIX coa intención de convertelo nun acuartelamento regular. Entre as modificacións máis importantes citar os torreóns neogóticos engadidos en tempos de Isabel II.
Estrutura actual
[editar | editar a fonte]Actualmente existen dúas delimitacións claras no palacio: a área habilitada coma sede das cortes de Aragón e a área monumental dispoñible para a visita turística. Os elementos máis característicos actuais son: a ponte, o foso, a porta de entrada, a muralla musulmá, o patio de san Martiño, a capela de san Martiño, a torre do trobador, o oratorio, o patio de santa Isabel, unha planta baixa (salas do palacio islámico), unha planta intermedia (sala dos reis católicos) , unha planta superior (salas do palacio cristián medieval), patio de armas, cuarteis de Carlos III, e os Torreóns neogóticos do 1868.
As cortes de Aragón
[editar | editar a fonte]Dende o ano 1987 o palacio alberga a institución que representa os aragoneses: As Cortes de Aragón. Estas Cortes están constituídas por 67 deputados, 14 pola provincia de Teruel, 18 pola de Huesca e 35 pola de Zaragoza. As súas sesións desenvólvense no hemiciclo, espazo que pertence a un edificio de nova planta, illado da muralla e palacio taifal, pero integrado no interior do monumento e situado en fronte da capela de San Martiño.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Mudejar Architecture of Aragon" (en inglés). UNESCO World Heritage Center. Consultado o 29 de setembro de 2014.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Palacio da Aljafería |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- BORRÁS GUALIS, Gonzalo, «La ciudad islámica», en Guillermo Fatás (dir.), Guía histórico-artística de Zaragoza (3ª ed. rev. e amp.), Zaragoza, Concello de Zaragoza, 1991, páxs. 71-100. ISBN 978-84-86807-76-4 Cfr. tamén o capítulo de BIEL IBÁÑEZ, María Pilar, «Nuevas noticias sobre el palacio de la Aljafería» coas novidades aparecidas e os datos actualizados ata 2008, en Guillermo Fatás (dir.), Guía histórico-artística de Zaragoza, 4ª ed. revisada e ampliada, Zaragoza, Concello de Zaragoza, 2008, páxs. 711-727. ISBN 978-84-7820-948-4
- CABAÑERO SUBIZA, Bernabé (dir.) et al., La Aljafería, vol. I, Zaragoza, Cortes de Aragón, 1998. ISBN 978-84-86794-93-4
- CABAÑERO SUBIZA, Bernabé e Carmelo de Lasa, El Salón Dorado de La Aljafería: ensayo de reconstitución formal e interpretación simbólica, Zaragoza, Instituto de Estudios Islámicos y del Oriente Próximo, 2004. ISBN 978-84-95736-34-5
- EXPÓSITO SEBASTIÁN, Manuel, José Luis Pano Gracia e M.ª Isabel Sepúlveda Sauras, La Aljafería de Zaragoza, Zaragoza, Cortes de Aragón, 2006 (6ª ed.). ISBN 978-84-86794-13-2
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Web das Cortes de Aragón (en castelán)
- Tour Virtual polas Cortes de Aragón Arquivado 25 de decembro de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)
- O Palacio na Web de Turismo de ZaragozaArquivado 09 de decembro de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)
- Palacio da Aljafería de Zaragoza en Google Maps