Pagophila eburnea
Aparencia
Pagophila eburnea | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() | |||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||
![]() Case ameazada[1] | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||
'Pagophila eburnea' (Phipps, 1774) | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
|
A Pagophila eburnea[2] é unha ave pertencente á familia dos láridos.
Características
[editar | editar a fonte]Gaivota completamente branca[2]. Os xuvenís presentan manchas negras ó longo da cola e as. Estas manchas van desaparecendo conforme á idade do individuo[2]. Os ollos e patas son negros. O peteiro presenta un ton agrisado cun pequeno matiz amarelo[2]. Adoita estar presente nos portos pesqueiros ou nas praias, onde procura comida nos refugallos[2]. Tamén é atraída polos restos da caza dos osos polares, coma focas, ou cadáveres de cetáceos[2].
Distribución
[editar | editar a fonte]Presente en todo o Ártico. Moi rara ou asente ó sur do Círculo Polar Ártico[2].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ BirdLife International (2012). "Pagophila eburnea". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Svensson, Lars (2010). Ediciones Omega, ed. Guía de aves: España, Europa y región mediterránea. ISBN 978-84-282-1533-6.