Pablo Rivero

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPablo Rivero

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento11 de novembro de 1980 Editar o valor em Wikidata (43 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0729491 Facebook: pablo.rivero.3597 Twitter: pabloriveroweb Instagram: pabloriveroficial Editar o valor em Wikidata

Pablo José Rivero Rodrigo, nado en Madrid o 11 de outubro de 1980, é un actor e escritor español coñecido por interpretar a Toni Alcántara na serie Cuéntame cómo pasó de Televisión Española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O papel que lle deu sona é o de Toni Alcántara na serie Cuéntame cómo pasó da Televisión Española, personaxe que interpretou regularmente desde a estrea desta produción en 2001 até a fin da serie en 2023. Este traballo compaxinouno co cine, participando en multitude de películas nos últimos anos entre as que cabe destacar El chocolate del loro (2004), de Ernesto Martín, ou La noche del hermano (2005), de Santiago García de Leániz.

Posou para o polémico fotógrafo e cineasta Bruce LaBruce. O seu retrato, caracterizado como un anxo provocativo, incluíse nunha mostra sobre LaBruce en Madrid en febreiro de 2012.

En 2017, o actor escribe a súa primeira novela, No volveré a tener miedo; un suspense familiar ambientado na década de 1990 que indaga nas causas dun parricidio.

En xuño de 2020 publica a súa segunda novela, Penitencia, onde narra a historia dun actor atormentado polo personaxe de asasino que leva vinte anos interpretando e que o deixa todo para retirase a unha casa perdida no bosque. Estraños sucesos impedirán que o protagonista poida esquecer o seu alter ego.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

En setembro de 2020, Rivero revelou publicamente a súa homosexualidade, ao tempo que daba a coñecer que tiña un fillo en común coa súa parella.[1]

Cine[editar | editar a fonte]

Televisión[editar | editar a fonte]

Series[editar | editar a fonte]

Ano Serie Canal Personaxe Notas
1999 - 2000 El comisario Telecinco Botóns 2 episodios
2000 Compañeros Antena 3 Fer
La ley y la vida La 1 Pipo 5 episodios
La casa de los líos Antena 3 Ramiro 1 episodio
2001 Ciudad sur Federico 3 episodios
Paraíso La 1 1 episodio
Antivicio Antena 3
2001 - presente Cuéntame cómo pasó La 1 Antonio "Toni" Alcántara Fernández ¿? episodios

Programas[editar | editar a fonte]

Ano Programa Canal Función Notas
2017 Hora punta La 1 Invitado 1 programa
2020 Pasapalabra Antena 3 Invitado 3 programas
2021 Celebrity Bake Off Amazon Prime Video Concursante 10 programas - Gañador
2022 Las tres puertas La 1 Invitado 1 programa

Teatro[editar | editar a fonte]

  • La caída de los Dioses (2011)
  • Los hijos se han dormido (2012)[2]
  • Fausto (2014)
  • Siempre me resistí a que terminara el verano (2015)[3]
  • El sirviente (2019)

Obras[editar | editar a fonte]

  • No volveré a tener miedo (2017, SUMA)
  • Penitencia (2020, SUMA)
  • La niñas que soñaban con ser vistas (2021, SUMA)
  • La cría (2022, SUMA)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. RTVE.es (15 de setembro de 2020). "Pablo Rivero comparte que es gay y tiene un hijo con su pareja". RTVE.es (en castelán). Consultado o 18 de decembro de 2020. 
  2. "Veronese hace volar a «La gaviota»". archive.vn. 9 de decembro de 2012. Archived from the original on 09 de decembro de 2012. Consultado o 18 de decembro de 2020. 
  3. "SIEMPRE ME RESISTÍ A QUE TERMINARA EL VERANO". Madrid Es Teatro (en castelán). Consultado o 18 de decembro de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]