Pablo Martín Sánchez

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPablo Martín Sánchez

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1977 Editar o valor em Wikidata (46/47 anos)
Reus, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidad de Lille 3 (pt) Traducir - Doutoramento (pt) Traducir (–2012)
Universidade de Barcelona
Universidade Carlos III de Madrid
Facultad de Filosofía y Letras (Universidad de Granada) - Doutoramento Editar o valor em Wikidata
Director de teseAndrea Del Lungo (en) Traducir e Christelle Reggiani (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióntradutor , novelista , escritor , mestre Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNovela Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa, lingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

Páxina webpablomartinsanchez.com Editar o valor em Wikidata

Pablo Martín Sánchez, nado en Reus, Provincia de Tarragona, en 1977, é un novelista e escritor e tradutor español.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pablo Martín Sánchez naceu en Reus (Tarragona) en 1977. Graduado superior en Arte Dramática polo Institut do Teatre de Barcelona, licenciado en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola Universidade de Barcelona, mestrado en Humanidades pola Universidade Carlos III de Madrid, é doutor en Lingua e Literatura Francesas pola Université de Lille-3 e en Teoría da Literatura e da arte e Literatura Comparada pola Universidade de Granada. Traballou como lector, corrector, tradutor e libreiro. É profesor de novela na Escola de Escritura do Ateneo Barcelonés. En 2021 vivía e traballaba en Madrid como deseñador gráfico.[1]

Fundador da revista Verbigracia, traduciu a autores como Alfred Jarry, Marcel Schwob, Raymond Queneau, Bernard-Marie Koltès ou Wajdi Mouawad.[2] Comezou publicando un libro de relatos titulado Fricciones (E.D.A. Libros, 2011). Ao ano seguinte publicou a novela El anarquista que se llamaba como yo (Acantilado), elixida pola revista El Cultural como mellor ópera prima do ano, unha novela de máis de 600 páxinas. En 2016 publicou a novela Tuyo es el mañana (Acantilado). Desde 2014, é membro do Collège de Pataphysique e do Oulipo (Ouvroir de Littérature Potentielle).[3]

Parte da súa obra foi traducida ao francés, inglés, checo e neerlandés.[4]

Obras[editar | editar a fonte]

Novela[editar | editar a fonte]

Relatos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Agatha La uÑa RoTa". www.larota.es. Consultado o 2022-02-14. 
  2. "Traducción". Pablo Martín Sánchez (en castelán). Consultado o 2022-02-14. 
  3. "El anarquista que se llamaba como yo. Editorial Acantilado". acantilado.es (en castelán). Consultado o 2022-02-14. 
  4. "Pablo Martín Sánchez". ACANTILADO (en castelán). Consultado o 2022-02-14. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]