Pablo Hernández
Pablo Hernández Domínguez (Onda, Castelló, 11 de abril de 1985) é un futbolista internacional español. Xoga de extremo dereito e o seu actual equipo é o Leeds United FC da Premier League.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Pablo Hernández é un futbolista formado no AVV Rafalafena e posteriormente nas categorías inferiores do Club Deportivo Castellón. Tras o seu paso polo equipo xuvenil do Valencia CF, foi cedido durante a tempada 2004-05 ao Club Deportivo Onda.
Posteriormente, xogou dúas tempadas no Valencia Mestalla, filial do Valencia CF, chegando a debutar co primeiro equipo na última xornada da tempada 2005-06 contra ó Osasuna. Durante a tempada 2006-07, converteuse no máximo goleador do seu equipo ata que no mercado de inverno asinou a súa cesión ao Cádiz CF.[1]
Xoga en calidade de traspasado no Getafe CF como pago pola fichaxe de Alexis Ruano polo equipo valencianista. O Valencia reservouse unha opción de recompra de 1 millón de euros durante o primeiro ano e de 2 millóns durante o segundo ano. En xaneiro de 2008 o club valenciano exerce a opción de compra e Pablo asina para os próximos 6 anos.[2] Incorporarase á disciplina valencianista no verán dese mesmo ano, tras finalizar a tempada co Getafe.[3]
Selección nacional
[editar | editar a fonte]O 5 de xuño de 2009, foi convocado por primeira vez coa selección española para disputar a Copa Confederacións.[4] Deste xeito o 20 de xuño de 2009 debutou co equipo nacional no encontro que o enfrontou a Suráfrica ao substituír o seu compañeiro David Villa no minuto 60.[5]
Clubs
[editar | editar a fonte]- Actualizado a 2 de outubro de 2010.
Club | País | Período | Liga PX (G) |
Copa PX (G) |
---|---|---|---|---|
CD Onda | España | 2004-2005 | ¿? | ¿? |
Valencia CF Mestalla | España | 2004-2007 | 16 | 4 |
Valencia CF | España | 2005-2006 | 1 | 0 |
Cádiz CF | España | 2006-2007 | 22 | 4 |
Getafe CF | España | 2007-2008 | 43 | 8 |
Valencia CF | España | 2008-2009 | 31 | 5 |
Valencia CF | España | 2009- 2010 | 44 | 8 |
Valencia CF | España | 2010- 2011 | 7 | 2 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Segunda: Pablo Hernández cedido ó Cádiz Arquivado 30 de setembro de 2007 en Wayback Machine. en Goal.com.
- ↑ MARCA.com O Valencia pagará un millón para recuperar a Pablo Hernández
- ↑ "Pablo Hernández, novo xogador do Valencia CF para as próximas seis tempadas". Arquivado dende o orixinal o 02 de agosto de 2008. Consultado o 02 de maio de 2010.
- ↑ Pablo Hernández substitúe a Iniesta
- ↑ "Pablo Hernández debuta coa selección". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2010. Consultado o 02 de maio de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Nados en 1985
- Nados en Onda
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do Valencia CF Mestalla
- Xogadores do CD Onda
- Xogadores do Valencia CF
- Xogadores do Cádiz CF
- Xogadores do Getafe CF
- Xogadores do Swansea City AFC
- Xogadores do Al-Arabi SC
- Xogadores do Rayo Vallecano
- Xogadores do Leeds United AFC
- Xogadores da selección de fútbol de España