Pablo Graña
Nome orixinal | (es) Pablo Graña Alonso |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 21 de marzo de 1999 (25 anos) Cangas, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | piragüista |
Lingua | Lingua castelá |
Deporte | piragüismo |
Participou en | |
2019 | 2019 ICF Canoe Sprint World Championships (en) |
Pablo Graña Alonso, nado en Cangas o 21 de marzo de 1999, é un deportista galego que compite en piragüismo na modalidade de augas tranquilas.
Foi tres veces campión do mundo de piragüismo (2019, 2022 e 2023), nas probas de C2 200 m e C4 500 m, e unha vez campión europeo en C2 200 m.[1]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Comezou a competir en piragüismo por influencia do seu amigo David Barreiro e ingresou coma el no Real Club Náutico Rodeira de Cangas, onde se especializou na modalidade de augas tranquilas.[2] En 2017 participou nos Campionatos do Mundo sub-23 e júnior celebrados en Pitești (Romanía), logrando o ouro no C1 200 metros.[3][4]
O 24 de agosto de 2019 en Szeged, con 20 anos de idade, proclamouse por primeira vez campión mundial absoluto, no segundo Campionato Mundial no que participaba, ao gañar xunto ao madrileño Alberto Pedrero a final do C2 200 metros.[5] Dous anos despois conquistou un ouro no Campionato Europeo de Poznan, coa mesma parella e na mesma distancia.[6]
En 2022 foi subcampión europeo no C1 200 m e sumou un novo ouro mundial, desta vez na proba de C4 500 m, xunto aos tamén galegos Manuel Fontán e Adrián Sieiro e o balear Joan Moreno, equipo co que revalidou o título ao ano seguinte.[7][8] Tamén en 2023 participou nos Xogos Europeos en Cracovia, que no referente ao piragüismo funcionaron como un Campionato Europeo. Conseguiu o ouro na proba de C2 200 m mixto,, na que participou xunto á pontevedresa Antía Jácome, e o bronce no C1 200 m.[9]
En 2024 disputou de novo o Campionato Europeo en Szeged, conseguindo a medalla de prata no C1 200 m.[10]
Palmarés internacional
[editar | editar a fonte]Campionato Mundial | |||
---|---|---|---|
Ano | Lugar | Medalla | Competición |
2019 | Szeged | Ouro | C2 200 m |
2022 | Dartmouth | Ouro | C4 500 m |
2023 | Duisburgo | Ouro | C4 500 m |
Campionato Europeo | |||
Ano | Lugar | Medalla | Competición |
2021 | Poznan | Ouro | C2 200 m |
2022 | Múnic | Prata | C1 200 m |
2023 | Cracovia | Bronce | C1 200 m |
2024 | Szeged | Prata | C1 200 m |
Xogos Europeos | |||
Ano | Lugar | Medalla | Competición |
2023 | Cracovia | Ouro | C2 200 m mixto |
Bronce | C1 200 m |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «Pablo Graña Alonso» en CanoeResults.eu (en inglés).
- ↑ "Graña, explosividad hacia París". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de xullo de 2023. Consultado o 1 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Pablo Graña, campión do Mundo". Galicia Confidencial. 30 de xullo de 2017. Consultado o 1 de xaneiro de 2024.
- ↑ "El palista de Cangas do Morrazo Pablo Graña, camperón del mundo de C1-200 metros en el Mundial Sub 23 y júnior" (en castelán). 30 de xullo de 2017. Consultado o 1 de xaneiro de 2024.
- ↑ Penedo, Pablo (23 de agosto de 2019). "El cangués Pablo Graña, campeón del mundo de piragüismo". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 1 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Pablo Graña se baña en oro" (en castelán). 7 de xuño de 2021. Consultado o 1 de xaneiro de 2024.
- ↑ "Manuel Fontán y Pablo Graña logran el oro en el Campeonato del Mundo de Sprint" (en castelán). 8 de agosto de 2022. Consultado o 1 de xaneiro de 2024.
- ↑ "El cangués Pablo Graña, campeón del mundo dentro del C4 500" (en castelán). 27 de agosto de 2023. Consultado o 1 de xaneiro de 2024.
- ↑ Dapena, Almu (24 de xuño de 2023). "Antía Jácome y Pablo Graña, campeones de Europa en C-2 200 mixto". Pontevedra Viva (en castelán). Consultado o 1 de xaneiro de 2024.
- ↑ "El cangués Pablo Graña, plata en C1 200 en el Europeo de piragüismo". La Voz de Galicia (en castelán). 15 de xuño de 2024. Consultado o 28 de xuño de 2024.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Ficha do deportistaArquivado 02 de xuño de 2020 en Wayback Machine. na páxina do Comité Olímpico Español.