Adrián Sieiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaAdrián Sieiro
Biografía
Nacemento(es) Adrián Sieiro Barreiro Editar o valor em Wikidata
7 de decembro de 1992 Editar o valor em Wikidata (31 anos)
Pontevedra, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiragüista Editar o valor em Wikidata
Deportepiragüismo Editar o valor em Wikidata
Disciplina deportivaPiragüismo en augas tranquilas Editar o valor em Wikidata
Participou en
20182018 Canoe Sprint European Championships (en) Traducir Editar o valor em Wikidata

Adrián Sieiro Barreiro, nado en Pontevedra o 7 de decembro de 1992, é un deportista galego que compite en piragüismo na modalidade de augas tranquilas. Foi dúas veces campión do mundo no C4 500 metros (2022 e 2023) e unha vez campión de Europa (2023).

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Membro do Piragüismo Poio Pescamar, en 2018 sumou xunto ao poiés Sergio Vallejo a súa primeira gran medalla internacional, o bronce do Campionato de Europa celebrado en Belgrado, na proba de C2 1000 metros.[1] A pesar de gañar todos os selectivos nacionais entre 2017 e 2020 os problemas físicos de Vallejo deixaron á parella sen poder acudir aos Xogos Olímpicos de 2020 en Toquio.[2]

En 2022 proclamouse campión do mundo na proba de C4 500 m, xunto aos tamén galegos Manuel Fontán e Pablo Graña e o balear Joan Moreno, dúas semanas antes de proclamarse tamén campión europeo xunto a Joan Moreno no C2 500, no certame celebrado en Múnic.[3][4] En 2023 revalidou o ouro mundial no C4 500 metros, co mesmo equipo que na edición anterior.[5]

Palmarés internacional[editar | editar a fonte]

Campionato Mundial
Ano Lugar Medalla Competición
2022 Dartmouth Medalla de ouro Ouro C4 500 m
2023 Alemaña Duisburgo Medalla de ouro Ouro C4 500 m
Campionato Europeo
Ano Lugar Medalla Competición
2018 Belgrado Medalla de bronce Bronce C2 1000 m
2022 Alemaña Múnic Medalla de ouro Ouro C2 500 m

Notas[editar | editar a fonte]