Gordon Tootoosis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Gordon Tootoosis
Gordon Tootoosis.jpg
Tootoosis nos 1970s
Nacemento25 de outubro de 1941
LugarReserva Poundmaker, Saskatchewan, Flag of Canada.svg Canadá
Falecemento5 de xullo de 2011 (69 anos)
LugarSaskatoon, Saskatchewan, Flag of Canada.svg Canadá
Causapneumonía
NacionalidadeCanadá
PaiJohn Tootoosis
ProfesiónActor
Na rede
IMDB: nm0867588 Allocine: 117784 Allmovie: p71348
Discogs: 1562393 Allmusic: mn0001230757 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Gordon Tootoosis, nado o 25 de outubro de 1941 en Saskatchewan (Canadá) e finado o 5 de xullo de 2011, foi un actor de ascendencia cree e nakoda. El era descendente de "Yellow Mud Blanket", irmán do famoso líder cree Pîhtokahanapiwiyin.[1] Foi recoñecido pola súa vontade de preservar a súa cultura e por contar as historias do seu pobo. Foi un membro fundador da Compañía de Teatro Nativa de Saskatchewan. Tootoosis foi un activista cree do traballo social e xefe da súa banda tribal.[2] Como actor, interpretou diversas personaxes en filmes e producións de televisión tanto no Canadá coma nos Estados Unidos.[2] En Open Season e Boog and Elliot's Midnight Bun Run, Tootoosis fai a voz do Sheriff Gordy.

Foi galardoado coa Orde do Canadá o 29 de outubro de 2004.[2] Na cerimonia, que tivo lugar o 9 de setembro de 2005, foi recoñecido como un modelo a imitar para os rapaces nativos.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O primeiro papel de Tootoosis nun filme foi en Alien Thunder (1973), con Chief Dan George e Donald Sutherland. Gordon participou na miniserie da CBC Television By Way of the Stars con Eric Schweig como "Black Thunder" e Tantoo Cardinal como "Franoise". Esta foi rodada en Uxbridge, Ontario. Tootoosis prestou a súa voz xunto con Russell Means na produción de Disney Pocahontas (1995) e Song of Hiawatha (1997).

Filmografía[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Wise, Wyndham. "Gordon Tootoosis". The Canadian Encyclopedia. Arquivado dende o orixinal o 16 de novembro de 2018. Consultado o 5 de xullo de 2011. 
  2. 2,0 2,1 2,2 Goberno do Canadá (ed.). "Gordon Tootoosis, C.M.". Orde do Canadá. Consultado o 5 de xullo de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]